Ana Ermida enviou no mes de agosto unha carta ao Presidente da Xunta, á que non obtivo resposta e reiterou as demandas á conselleira de infraestruturas hai unhas semanas
Barreiros, 20 de novembro de 2023. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixir un escrito ao vicepresidente da Xunta recollendo as declaracións realizadas polo mesmo na clausura da Asemblea Xeral da FEGAMP, onde manifestou a disposición da Xunta de Galicia para a colaboración cos Concellos.
A alcaldesa manifesta que “esta carta é unha chamada á súa boa vontade para facelo coñecedor dunha demanda coa que o Concello de Barreiros leva anos e que lle foi xa trasladada en varias ocasións á conselleira de infraestruturas (a última delas hai poucas semanas mediante un escrito) e tamén neste verán ao propio presidente da Xunta, sen que, ata este momento, obtivéramos resposta algunha”.
Ana Ermida explícalle a situación dos servizos básicos en Barreiros, “fundamentalmente vinculados a un desenvolvemento non planificado que se levou a cabo sen o correcto sobredimensionamento dos servizos existentes para acoller a poboación flotante que soporta este concello en determinadas épocas do ano”.
Co fin de poder explicarlle máis pormenorizadamente a situación, así como obter resposta sobre posibles vías de colaboración do goberno da Xunta co goberno municipal en aras de mellorar os servizos que se prestan á veciñanza de Barreiros, a rexedora solicítalle unha xuntanza na que poidan participar as persoas responsables destes servizos no municipio para afondar nas actuacións de mellora que se poidan levar a cabo.
Ana Ermida finaliza o escrito “acreditando na súa vontade por traballar na colaboración coas entidades locais e, nomeadamente, coa que presido” para o que se pon á súa disposición para sinalar unha data na que poder manter unha xuntanza e trasladarlle toda a información que requira para obter a desexada colaboración interinstitucional.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



