O director do Instituto de Estudos do Territorio fixo entrega destes distintivos, que no caso de Burela recibe por primeira vez e no de Mondoñedo, por terceira
Burela, 22 de novembro de 2023. A Xunta entregou hoxe a Bandeira Verde de Galicia tanto ao Concello de Burela como ao de Mondoñedo para recoñecer a súa aposta polas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe coa posta en marcha de distintas iniciativas con esta finalidade.
O director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, lembrou que no caso de Burela é a primeira vez que recibe este recoñecemento grazas a accións centradas na recuperación e valorización de residuos mariños, a habilitación de composteiros domésticos, a instalación de enerxía fotovoltaica para autoconsumo na Casa do Concello, a planificación e deseño de hortos urbanos, o Plan de acción para o clima e a enerxía sostible ou a substitución do alumeado público por tecnoloxía LED.
No caso de Mondoñedo, obtén o distintivo por terceiro ano consecutivo froito de numerosas actuacións responsables como, entre outras, a aposta pola compostaxe, a celebración de obradoiros de reciclaxe, a instalación de colectores para bolsas de biorresiduos ou accións para mellorar a eficiencia enerxética do alumeado público exterior no casco histórico da localidade.
As bandeiras verdes son un distintivo creado pola Xunta de Galicia en 2020 para dar visibilidade ao esforzo que as entidades locais realizan na aposta por boas prácticas para ordenar o territorio, protexer o medio ambiente e a paisaxe; para afrontar o cambio climático e mellorar a eficiencia enerxética; para xestionar de xeito responsable os residuos municipais e para sensibilizar a cidadanía nesta materia.
A concesión deste recoñecemento supón ademais un mérito para a obtención de subvencións en materia de patrimonio natural ou -como novidade desta edición- para recibir axudas autonómicas relacionadas coa xestión dos residuos a través de actuacións como a construción e mellora de puntos limpos fixos, a implantación de instalacións móbiles ou o impulso de proxectos de preparación para a súa reutilización.
Estes distintivos mostran o compromiso dos concellos coa protección do medio ambiente e coa xestión sostible dos recursos, unha cuestión coa que as entidades locais están cada vez máis comprometidas. De feito, desde 2020 o número de bandeiras entregadas foi aumentando de xeito constante ao pasar das tres aprobadas nesa primeira edición ás 18 concedidas este ano.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



