A Mariña, xoves 23 de novembro 2023. Na mañá de hoxe, o concelleiro do BNG no Vicedo, Miguel Gómez, xunto co deputado no Parlamento Daniel Castro e membros da formación na localidade fixeron públicas as iniciativas que levarán ao pleno que a corporación municipal vicedense celebra a próxima semana diante da grave situación á que o SERGAS está sometendo á poboación coa falta de médico e ao non cubrirse o servizo totalmente, xa que logo das protestas veciñais cubriuse parcialmente, tal como afirmou o portavoz do Bng no Vicedo, Gómez Fraga: “os veciños e veciñas estamos a sufrir as eivas da precaria situación que atravesa a nosa atención primaria coa falta de médico no noso centro de saúde, que só cubriron parcialmente, provocando graves inconvintes á veciñanza que ven como non lles é posible facer trámites cotiáns e necesarios coma analíticas, receitas, tramitación de altas, consultas….”
Pola súa banda, o deputado mariñao Daniel Castro vén de rexistrar no Parlamento diversas iniciativas ao respecto, demandando á Xunta de Galiza a cubrir o servizo de médico sempre e non parcialmente no Vicedo, así como ofrecer o servizo de pediatría de forma continuada no PAC de Viveiro, ao que está escrio o concello de O Vicedo.
Veciños de O Vicedo percorrendo a comarca na procura de atención sanitaria
Os representantes do BNG fixeron denunciaron tamén que nos últimos días os veciños e veciñas do Vicedo tiñan que percorrer media comarca da Mariña en busca de atención, xa que, desde O Vicedo derívanos a Viveiro, mais a situación volvese repetir, xa que tampouco hai médicos, sendo o seguinte paso Burela, que sufre os efectos de que O Vicedo, Ourol e Viveiro teñan que colapsar o Hospital. “Queda claro que esta atención primaria non é de calidade e moito menos non é a que merecen os veciños dos tres concellos” afimou Daniel Castro, que sinalou tamén que o PP segue a facer saltar polos aires a atención primaria en toda a comarca, destruíndo paulatinamente este servizo, e poñendo en risco a usuarios e profesionais.
Mobilización o domingo 26 de novembro ás 11:30 diante do Centro de Saúde
Desde o BNG fan tamén un chamamento á poboación a participar na mobilización do vindeiro domingo día 26 ás 11:30 diante do Cento de Saúde de O Vicedo, convocada polo colectivo de asociacions do concello e máis pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña.
























Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



