Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2023. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de adxudicar as obras de ampliación das instalacións e nomeadamente os atraques do porto de Celeiro, no municipio lucense de Viveiro. A execución dos traballos suporá un investimento de 580.000 euros por parte do ente público e ten un prazo previsto de 6 meses.
As obras, que darán comezo nas vindeiras semanas, consisten na instalación de novas prazas de atraque mediante pantaláns flotantes e a recolocación dun dos pantaláns deportivos existentes, para cubrir as necesidades de toda a frota profesional (3ª lista) e de recreo (7ª lista) existente. Para a 3ª contémplanse 18 novas prazas de esloras entre 8 e 14 metros e para a náutica 52 prazas de 6 metros.
Así mesmo, os traballos contemplan o deseño dun novo pantalán para a frota profesional, situado na marxe sur da dársena, xunto aos peiraos de descarga de embarcacións da 3º lista. Os atraques para embarcacións de recreo estarán situados na marxe este da dársena e os dous pantaláns de embarcacións deportivas contan con accesos independentes. Para dar cabida á frota profesional será preciso recolocar un destes pantaláns deportivos, de forma que se garanta a maniobrabilidade das embarcacións.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



