O delegado coñeceu os proxectos que o Concello de Pol presentou ao Goberno para impulsar a área de deportes e que suman 1 millón de euros de investimento
Pol, 25 de novembro de 2023. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, puxo en valor en Pol o traballo desenvolvido polos concellos para levar a cabo proxectos que impulsen unha dinamización social dende o local. Pedro Blanco desprazouse esta semana a Pol onde se interesou polas iniciativas que impulsa do Goberno presidido por Lino Rodríguez e que optan a distintas convocatorias de axudas ministeriais. Estas iniciativas teñen como marco de acción a área deportiva, “para beneficio de gran parte da poboación”, sinalou.
O delegado lembrou que as propostas de Pol optan a axudas nas que os municipios do reto demográfico, entre os que se atopa este concello, son prioritarios. E lembrou que esta categoría de concellos foi establecida polo Goberno de Pedro Sánchez para designar e apoiar aos municipios con menos de 5.000 habitantes que requiren dun plan para atallar o despoboamento e o abandono do rural.
O delegado, acompañado da subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez e o alcalde do municipio, Lino Rodríguez, afirmou que “o labor que realizan as administracións destes concellos é fundamental para que poidan avanzar e construír municipios máis vivos e dinámicos, poñendo freo á despoboación do rural e apostando pola sustentabilidade e ampliación dos servizos, facendo máis atractiva a vida nel e promovendo avances que poñan no centro ás persoas que o habitan”.
Un dos proxectos que presentou o alcalde ao delegado consiste na adecuación e instalación de residencias para deportistas que veñan ao municipio e darlles un lugar no que pernoitar, o que permitirá dinamizar moito máis a área de deportes da comarca de Meira e concretamente de Pol. Este proxecto ten unha valoración orzamentaria de case 600.000 euros e presentouse ao Consello Superior de Deportes, adscrito ao Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes,
Ademais desta solicitude, o alcalde detallou ao delegado o proxecto presentado ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico por valor de 508.789 euros, dos cales o concello se fará cargo de 50.000 euros para brindar un mellor servicio nesta área. Esta axuda permitirá a contratación de persoal e monitores para a realización de actividades deportivas ou campamentos.
Con estas dúas solicitudes, o delegado constatou o compromiso do Concello para impulsar e especializar as áreas de actividades, declarando que “Pol demostra o gran avance que está a facer coa súa área deportiva, expandíndoa e atraendo a xente do exterior do lugar”.
O delegado avanzou a satisfacción ante proxectos que van na mesma liña que as políticas do Goberno no que respecta ao Reto Demográfico, o que favorece a comunicación entre administracións para conseguir, entre todas, un territorio galego integrado e adaptado ás novas formas de traballo e oportunidades que se comprobaron efectivas diante o despoboamento que sofren estes territorios.
Investimentos do Goberno en Pol
O delegado e o alcalde repasaron na reunión os apoios do Goberno ao Concello de Pol nestes anos. Así, Pol beneficiouse de dúas axudas por valor de 922.000 euros coas que a Administración local financiou a renovación do alumeado público e tamén a rehabilitación da antiga casa reitoral para convertela nun centro social.
Ademais, o Concello de Pol benefíciase do programa UNICO-Banda Ancha, que executa o Goberno para completar a dixitalización do territorio galego. En Pol, este programa posibilitará a conexión a internet de altas prestacións a 1.511 vivendas e empresas.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



