Alfonso Villares puxo en valor a estreita colaboración entre o Goberno galego e o sector en ámbitos como a defensa da Lei do Litoral ou nas políticas pesqueiras comunitarias
Viveiro, 25 de novembro de 2023 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a estreita colaboración entre a Xunta de Galicia e o sector pesqueiro galego no traballo de avanzar cara a sustentabilidade así como na defensa desta actividade, estratéxica na economía da comunidade, ante os novos desafíos mantendo sempre un equilibrio entre os aspectos económicos, sociais e medioambientais. O responsable autonómico fixo estas manifestación no acto de clausura das XXVII Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro promovidas pola Organización de Produtores Pesqueiros de Celeiro (OPP-77) na que tamén participou o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta como poñente no relatorio baixo o título “O rumbo da Europa pesqueira e a súa demora a Galicia”.
O conselleiro sinalou que unha proba deste compromiso é a Lei do Litoral, suspendida polo recurso do Goberno central ante o Tribunal Constitucional, que conta co absoluto respaldo do sector xa que viña a dar seguridade xurídica ás empresas e a recoñecer o uso pesqueiro, marisqueiro e acuícola como estratéxico para o desenvolvemento sostible do litoral. O titular de Mar cualificou de despropósito a actuación do Executivo estatal xa que prexudica a unha industria que factura 9.000 millóns ao ano e xera 40.000 empregos, cun papel clave no desenvolvemento das zonas costeiras.
Alfonso Villares subliñou a necesidade de reconducir a Política Pesqueira Común (PPC) para que sexa máis xusta e na que tamén se recollan outros aspectos como os sociais ademais dos medioambientais. Nese sentido, amosouse crítico co camiño tomado pola Comisión Europea poñendo como exemplo o veto á pesca de fondo, recorrido pola OPP-7 de Burela na que o goberno galego participa como coadxuvante. Tamén reclamou que todas e cada unha das rexións deben ser escoitadas, entendidas e tidas en conta coas súas específicas singularidades na PPC e puxo en valor a presenza da Xunta de Galicia na última Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas celebrada en Saint Maló este mes así como a sinatura da Declaración de Cardiff na que se reclama a configuración da Macrorexión Atlántica, fixando as súas prioridades e modelo de gobernanza.
O titular de Mar fixo unha valoración positiva no relativo a que se avance en TACS e cotas plurianuais, aspecto que leva defendendo desde fai tempo o executivo galego, en liña co manifestado polo Consello Galego de Pesca xa que permite dotar de maior estabilidade ao sector, facilitar unha maior planificación ás empresas así como a realización de análises máis amplos do estado de cada recurso. Aínda así, apostou por outros modelos de xestión naquelas pesquerías que amosaron maior estabilidade nos últimos tempos.
O conselleiro sinalou o traballo desenvolvido pola Consellería do Mar na promoción da comercialización dos produtos pesqueiros en ámbitos como os mercados de proximidade ata nas principais feiras sectoriais co obxectivo de difundir os valores nutritivos e culinarios destes alimentos. Galicia superou no 2022 a barreira dos 2.700 millóns en exportacións, cun crecemento do 12% respecto ao 2021 convertendo a nosa comunidade na 10 exportadora mundial de produtos da pesca.
Confraría centenaria
Estas xornadas consolídanse un ano máis como foro de información, divulgación e debate no que se dan cita profesionais e expertos para abordar os principais asuntos de interese así como os desafíos futuros do sector pesqueiro. Nesta edición, ademais, os organizadores quixeron render un merecido e especial recoñecemento pola súa traxectoria á confraría de pescadores “Santiago Apóstolo” de Celeiro con motivo da celebración do centenario da súa constitución pola súa contribución en favor da actividade pesqueira.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



