O Pleno aprobou cos votos a favor do PSdeG e do BNG unha moción socialista para pedirlle ao Goberno galego que remate esta infraestrutura vital para a comarca da Mariña e que leva paralizada 15 anos dende a chegada do Partido Popular
Lugo, 28 de novembro de 2023. A Deputación de Lugo reclámalle á Xunta de Galicia que reactive de xeito inmediato as obras da Vía de Alta Capacidade Costa Norte e da súa variante de Viveiro, e que deixe de discriminar á Mariña. Así se acordou no Pleno deste martes a proposta do Grupo Provincial Socialista, contando cos votos a favor do BNG e a abstención do Partido Popular.
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou que hai máis de 15 anos que non se avanza con esa estrada prioritaria para a comarca da Mariña. “Dende que Emilio Pérez Touriño foi Presidente da Xunta, que deixou licitados dous tramos, a Xunta de Galicia non fixo absolutamente nada, non licitou nin un só tramo. Outra vez máis o PP ningunea á Costa, ningunea á Mariña, fíxoo antes coas empresas e agora faino coas infraestruturas”.
Para Tomé Roca non é “tolerable que o Partido Popular culpe aos concellos do que el non fai, porque o Concello de Viveiro adaptou o seu Plan Xeral ás esixencias da Xunta de Galicia. E agora, que fixo iso o Concello, din que segue sendo culpable o Concello”. Por iso, o Presidente esixiulle á Conselleira de Infraestruturas de “actúe, e actuar significa expropiar terreos, facer proxectos e licitar obras”.
O Deputado pola comarca da Mariña, Francisco Cajoto Caserío, defendeu esta iniciativa tamén poñendo o foco na parálise que o Goberno galego ten con esta infraestrutura. “Queremos que presente un cronograma con prazos e investimentos concretos para rematar esta obra”, ao tempo que denunciou que a Xunta de Galicia ten “na Axencia de Infraestruturas un proxecto da variante de Viveiro escondido nun caixón desde o ano 2020, é gravísimo, non sabemos nada dese proxecto de trazado. Por que non o sacaron a exposición pública? Por que non llo ensinan á Alcaldesa de Viveiro? Ten algo que ver que Viveiro estea gobernado por un bipartito e que a Alcaldesa sexa do PSdeG? Están escondendo un proxecto pagado polos galegos e as galegas, é este o compromiso da Xunta coa comarca?”.
“Viveiro leva un atraso de 20 anos en comunicación con respecto a concellos coma Burela ou Foz, e algo menos con respecto a Xove, tres concellos da Mariña que si que contan con variante, cando Viveiro é un concello primordial para a comarca, a onde moitos veciños e veciñas recorremos para xestións ou mesmo para ir á Policía Nacional”, afirmou o socialista. Ademais, puxo sobre a mesa o que acontece nos meses de verán, “con grandes retencións para atravesar esta localidade pola chegada dos turistas. Todos vemos que a VAC é primordial para desconxestionar o tráfico do centro de Viveiro”.
Lembrou que a Vía de Alta Capacidade Costa Norte, anunciada polo Goberno presidido por Fraga e con Xosé Cuíña como Conselleiro en 2001, tiña que ter rematada en 2007, pero foi abandonada ata que chegou o Goberno presidido polo socialista Pérez Touriño, que licitou os únicos dous tramos rematados ata o momento: A variante de Xove, en Lugo, inaugurada en 2017, e a variante de Ortigueira, inaugurada en 2013.
Dende entón, asegurou Cajoto reforzando a mensaxe do Presidente José Tomé, “o PP ten paradas estas obras porque ano tras ano consigna partidas económicas nos Orzamentos da Xunta que nunca executa. En vez de desbloquear os 9 tramos que aínda quedan pendentes, o Goberno galego trata de responsabilizar á Alcaldesa viveirense, que tivo que adaptar o PXOM á modificación imposta pola Xunta e coa que racharan o consenso no proxecto orixinal para a Ponte de Viveiro”.
“A Mariña, unha comarca esquecida pola Xunta”
Este abandono da Xunta implica “seguir marxinando á comarca da Mariña, deixándoa cunhas vías de comunicación deficientes, que atravesan moitos núcleos de poboación e cun trazado moi antigo”. Manifestou que a VAC Costa Norte é unha infraestrutura fundamental para a vertebración e a conectividade da Mariña e de Ortegal, “pero está totalmente abandonada e esquecida pola Xunta, como demostran os retrasos inxustificados e a escasa dotación orzamentaria, que, ademais, nin sequera executa”.
“Non hai moito, nunha resposta no Parlamento de Galicia, o director da Axencia de Infraestruturas recoñeceu que a VAC Costa Norte non era unha prioridade para o goberno do PP”, manifestou o Deputado amosándose sorprendido por tales declaracións, ao tempo que puntualizou que “se quedou corto, porque o que non é unha prioridade para o PP é o desenvolvemento da provincia de Lugo”. “A paralización desta infraestrutura clave súmase a unha serie de aldraxes continuados do goberno do Partido Popular na Xunta con respecto á nosa comarca, como pasou con Alcoa ou con Altri”, dixo.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



