Dani Vega destacou que son os presupostos máis sociais e máis altos da historia do Concello
Ribadeo, 29 de novembro de 2023. Ribadeo contará cun orzamento de 12,3 millóns de euros en 2024. O alcalde, Dani Vega, subliñou que é o máis alto da historia do Concello ribadense e que son tamén os presupostos máis sociais.
O rexedor declarou: “Ribadeo presenta as súas contas. Ribadeo contará un orzamento de 12,3 millóns de euros para o ano 2024. Poucos Concellos teñen os orzamentos aprobados, Ribadeo farao en tempo e forma e tamén hai que destacar que somos un goberno que so levamos cinco meses e xa acreditamos unha xestión e tamén rigorosidade nos presupostos”.
Vega explicou que “a inversión increméntase e chega a 1,7 millóns de euros, que son 600.000 euros máis que en 2023. Tamén traballamos durante estes meses para mellorar as condicións de todos os traballadores e así o negociamos con todos os sindicatos. A todos lles quero dar as grazas polo traballo e pola dedicación e nosoutros cumprimos en so cinco meses con vellas demandas ás que non se daba resposta. Vai haber dous técnicos administrativos máis da administración xeral, tamén un chófer para a desbrozadora e os socorristas, técnicos en emerxencias sanitarias e técnicos de limpeza de praias van traballar tres meses. Esta era unha vella reivindicación, coa que este goberno cumpriu e deu unha resposta”.
O alcalde dixo que “tamén queremos un Ribadeo máis social. Nas subvencións nominativas pasamos de 11.000 euros a preto de 15.000 euros para os colectivos que están a traballar coas persoas. Incorporamos á Cruz Vermella, que nestas subvencións nominativas non estaba”.
Daniel Vega subliñou que “para a licitación do SAF imos aprobar unha cantidade de 1,6 millóns de euros. Para o hospital asilo, onde estamos a realizar a reforma integral, tamén van 1,6 millóns de euros. E imos xa comprar os terreos para o centro de saúde, iso é un compromiso absoluto e total, por un valor de 250.000 euros. No centro de día neste momento estamos a investir 20.000 euros e imos incrementar esa cantidade ata 50.000 euros máis no 2024. Nas actividades de Preto de Ti, que se están a realizar por todas as parroquias a Xunta de Galicia investirá 40.000 euros e nós achegaremos 10.000 euros. E á residencia de maiores destinamos 20.000 euros. Son 3,5 millóns de euros os que van destinados a benestar social no 2024. É a partida máis grande destinada a este fin da historia de Ribadeo”.
O rexedor manifestou que “queremos un Ribadeo mais rural e por iso aprobamos o Plan Único dotado con 356.000 euros e tamén contaremos cun novo plan de infraestruturas, en colaboración coa Xunta, que estará dotado con 350.000 euros mais o plan do Agader con 95.000 euros. E para a mellora das contornas significativas das parroquias van 120.000 euros. Tamén queremos un Ribadeo mais sostible. Ao parque de San Francisco destinamos 200.000 euros e para o parque de Indianos 50.000 euros. E no plan de recollida de lixo imos investir 600.000 euros. Ese Ribadeo máis sostible tamén vai ser un Ribadeo máis limpo e máis verde. E imos mellorar o edificio do Viejo Pancho no que investiremos 50.000 euros e nas instalacións da Policía Local máis de 60.000 euros”.
Vega destacou que “son uns orzamentos moi importantes para Ribadeo os de 2024. Son 12,3 millóns de euros, os máis altos da historia de Ribadeo. Acredítase unha xestión e unha colaboración coas distintas administracións. Hai que destacar a da Xunta de Galicia e a da Deputación, esperemos que invistan mais durante este ano, e tamén se acredita que somos rigorosos e estritos nas contas, onde aprobaremos en tempo e forma estes orzamentos, que son froito do traballo conxunto entre os técnicos e o equipo de goberno municipal”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



