Nota de Prensa
O incremento do prezo da electricidade un 4,8 por cento prodúcese despois de terse encarecido en máis dun 26% o recibo do usuario medio nos últimos 30 meses
Os populares da Mariña pedirán que os plenos municipais rexeiten a suba do recibo da luz aprobada polo Goberno de Zapatero
• En plena crise o Executivo socialista non deixa de elevar os impostos e os prezos dos bens de consumo máis básicos o que prexudica de xeito especial ás familias, PEMEs e autónomos.
A Mariña, 26 de setembro de 2010.- Os distintos grupos municipais do Partido Popular na Mariña lucense levarán aos seus respectivos plenos unha moción pola que piden que o Goberno de Zapatero non aplique a suba prevista na factura eléctrica.
Segundo explican os populares o anuncio efectuado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, provocou grande malestar entre os veciños da comarca pois observan como en plena crise o Executivo socialista non deixa de elevar os impostos e os prezos dos bens de consumo máis básicos, o que prexudica dun modo directo ás familias con rendas máis modestas. Tampouco se libran deste aumento no prezo do recibo da luz as PEMEs e autónomos para os o consumo de electricidade é un gasto fixo con difícil aforro.
O incremento do prezo da electricidade un 4,8 por cento prodúcese despois de terse encarecido en máis dun 26% o recibo do usuario medio nos últimos 30 meses, cunha última subida o pasado mes de xaneiro que representou un incremento do 2,6%.
Dende o PP salientan que xa veñen advertindo dende hai tempo o contraproducente que pode resultar para a xa delicada situación económica a aplicación de medidas de esta índole, e lembran, de feito, que xa advertían deste incremento




















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



