Ribadeo, 7 de decembro de 2023. Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta Saiz desde o equipo de goberno, e anuncia que “nas vindeiras semanas analizaremos as ordenanzas municipais e onde sexa posible baixar o prezo da taxa baixarase”.
A edil ribadense dixo que “a pesar do que digan, desde o goberno municipal traballamos para baixar taxas e impostos que dependan directamente do Concello, ao mesmo tempo que traballamos por uns servizos públicos de calidade”.
Marta Saiz declarou que “algún grupo municipal na súa teima de confundir e enredar á veciñanza empéñase en manter o mesmo discurso, por certo xa bastante aburrido, da privatización e da subida de impostos. De verdade que nos sorprende; como dirían eles, estamos abraiados con este tipo de declaracións cando eles saben moi ben que se hai algún pequeno incremento no recibo corresponde ao IPC e ao contedor marrón, e este último soamente aos grandes xeradores. Ademais foron eles quen os solicitou, non entendemos agora tanta demagoxia con este tema. Aínda non é seguro, pero é posible que Sogama nos aumente a taxa. Ningún deles depende directamente do Concello”.
A concelleira sinalou que “levamos algún tempo escoitando barbaridades dalgún grupo municipal que realmente nos deixa perplexos. Mágoa a onde te pode levar a rabia e a desesperación. Este goberno non está privatizando ningún servizo, o que está facendo é licitando e reforzando en tempadas de aumento da poboación servizos que xa privatizou o anterior goberno. E tampouco vai subir impostos que dependan directamente do Concello. Todo o contrario: nas vindeiras semanas analizaremos as ordenanzas municipais, por certo, a maioría obsoletas e carentes de sentido nos días de hoxe. E onde sexa posible baixar o prezo da taxa baixarase, é necesario para os distintos sectores económicos da nosa vila”.
E engadiu: “en fin, criticar por criticar, sen fundamento, co único propósito de confundir aos veciños e veciñas, desexando que todo vaia mal, non conduce a ningures e á larga pasa factura. Nós ao noso, como viñemos facendo ata o de agora: traballando arreo dende a humildade, pero pensando nun Ribadeo a longo prazo, próspero e cheo de oportunidades. Estamos seguros que entre todos construiremos un Ribadeo mellor”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



