“Cando a escola melloraba a súa actividade e o ciclo forestal comezaba a dar os seus froitos” da man da súa anterior directora, enxeñeira de montes, o Goberno galego “volveu a actuar como axencia de colocación do Partido Popular” dándolle o cargo “a dedo” ao ex dirixente popular, “sen ningún tipo currículum en formación agraria”
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2023. O PSdeG evidenciou este martes no Parlamento de Galicia que a Xunta nomeou a Manuel Valín como director do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias de Ribadeo “para darlle un premio” só por ser do PP, anulando deste xeito o impulso que recibiu a escola nos últimos anos da man da súa anterior directora, enxeñeira de montes, que, tendo superado unha oposición, foi cesada para darlle o cargo “a dedo” ao ex dirixente popular, “sen ningún tipo de currículum con respecto á formación agraria”. De feito, este ano xa non houbo alumnado suficiente para o primeiro curso do ciclo forestal que se implantou hai tres anos.
Así o denunciou o Deputado socialista Martín Seco na Comisión 7ª, de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes da Cámara autonómica, quen lembrou que, despois de 10 anos sen actividade -con encontros de peñas de fútbol e cursos de cociña, o que non xustificaba a presencia dun cadro de persoal sen traballo-, o CFEA Pedro Murias “melloraba a súa actividade e o ciclo forestal comezaba a dar os seus froitos”, pero, “unha vez máis o Goberno do Partido Popular volveu a actuar como axencia de colocación do seu partido e volveu a abusar da libre designación para nomear como director a Manuel Valín Valdés, un coñecido político do PP de Ribadeo, que leva saltando de posto en posto nos sucesivos gobernos do PP na Xunta de Galicia”.
Valín, recalcou o Deputado do PSdeG, “estaba enfadado co PP, pero volveuse a poñer a disposición do partido a nivel local nestas eleccións. Noméano única e exclusivamente para darlle un premio, pero está en xogo o futuro dunha escola de formación agraria importante”.
Martín Seco incidiu en que “houbo outros perfís” que solicitaron a dirección de Pedro Murias cunha formación agraria “máis adaptada” a este tipo de centro, “pero, en vez de pensar na escola, o PP pensou en si mesmo e deulle o cargo a dedo a un licenciado en Xeografía e Historia na especialidade de Arte Moderno e Contemporáneo, que ten o mérito de ser durante anos concelleiro e voceiro do PP en Ribadeo, algo que xa vivimos cos nomeamentos no AGADER do antigo voceiro do PP en Valdeorras, co antigo alcalde do PP en Fisterra ou coa parella da actual Conselleira de Infraestruturas”.
O Deputado subliñou que a xurisprudencia “xa advirte de que a libre designación non é un saco sen fondo no que todo vale. As resolucións destes nomeamentos hai que motivalas, xa que son excepcionais e non a metodoloxía a utilizar, como indicou por exemplo o Tribunal Supremo no 2021, e a Xunta utiliza esta metodoloxía sen control, e sen sentido, nin responsabilidade”.
Así mesmo, asegurou que a formación agraria pública “é esencial para un país onde a actividade agrogandeira ten un peso importante, e máis cando resulta complicado atopar traballadores para o sector e temos unha falla evidente de incorporación de mozos ao campo, polo que o Goberno galego debera de tomarse en serio a estes centros, buscando os mellores perfís profesionais para dirixilos, e non funcionar como unha axencia de colocación do partido que sustenta ao goberno”.
O Deputado subliñou que este nomeamento é unha mostra mais do abandono da Xunta cara os centros de formación e investigación públicos: “a Axencia da Calidade Alimentaria semella máis preocupada no superficial, na propaganda e no márketing que no funcionamento destes centros”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



