Os deputados populares manteñen a man tendida e agardan poder consensuar con PSOE e BNG unha declaración institucional en apoio aos traballadores de Alcoa a continuidade da actividade e para que a empresa cumpra os acordos asinados de investimentos e continuidade da actividade
Luns, 25 de decembro de 2023. Ante a falta de resposta de Tomé á solicitude para convocar a reunión da xunta de portavoces para consensuar entre os grupos da Deputación de Lugo unha declaración institucional en apoio aos traballadores de Alcoa e para que a empresa cumpra co acordo asinado que incluía importantes investimentos co obxectivo de garantir o mantemento da actividade na planta da Mariña, os deputados do Grupo Provincial Popular avanzan que “presentaremos unha moción de urxencia no pleno deste martes da institución provincial” nese mesmo sentido.
O portavoz, Antonio Ameijide, considera “unha pena” que ante un tema coma este no que “debemos ir da man e defender o mesmo obxectivo, o presidente da Deputación de Lugo non teña manifestado máis interese cando o que pedimos dende o Grupo Popular é unha reunión entre os portavoces dos tres grupos con representación na Deputación”. De feito, subliña que “ata a entrada do pleno de mañá estamos abertos a sentarnos con PSOE e BNG para acordar unha declaración en defensa dos empregos desta factoría”.
Os deputados do PP solicitaran por teléfono e por e-mail esa reunión o pasado 13 de decembro despois de manter unha xuntanza cos representantes dos traballadores na que puxeron de manifesto que o que consideraban máis axeitado era que a Deputación de Lugo aprobase unha declaración institucional. Ao non ter resposta, “reiteramos a solicitude a pasada semana por rexistro da Deputación de Lugo”.
A perda do permiso de acceso e conexión, tal e como comunicou Red Eléctrica, de cinco parques eólicos que dependen do Estado vencellados á produción de enerxía para abastecer a factoría mariñá a través da sinatura de contratos de subministro eléctrico a longo prazo (PPAs), súmase ao anuncio da multinacional sobre o aprazamento dos investimentos para o forno de cocción de ánodos.
Á vista destas últimas noticias a escasos días do prazo para o inicio da reactivación das cubas previsto para xaneiro do 2024, segundo o acordo asinado, e tendo en conta a importancia da actividade desta factoría para a economía da comarca e, por extensión, da provincia; os populares consideran urxente trasladar unha postura unánime dende a Deputación de Lugo en sinal de apoio aos traballadores e o mantemento da produción de aluminio primario na comarca.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



