Ribadeo, 26 de decembro de 2023. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal, titulado Aquí como en Viena, este venres, 29 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval. Nalgunhas das pezas que interpretarán os músicos estarán acompañados no escenario por actuacións de bailaríns da Escola Municipal de Música e Danza ribadense.
O director da Banda de Ribadeo, David Ballester Martínez, anuncia: “chegadas as datas do Nadal non podía faltar o concerto Aquí como en Viena da Banda Municipal de Música de Ribadeo, que terá lugar o venres 29 de decembro ás oito e media da tarde no auditorio Hernán Naval. Nesta ocasión, como é habitual neste concerto, constará de dúas partes: a primeira será un pouco máis festeira; e a segunda, un pouco máis seria, tirando cara ese concerto de Viena, con polkas e valses. Este ano de novo contaremos coa presenza de alumnos e alumnas da Escola de Música e Danza de Ribadeo na parte de danza, dirixidas por María Justo, que nos acompañarán nalgunhas de pezas que imos interpretar”.
David Ballester engade: “esperamos que toda a xente que estea por Ribadeo aproveitando as datas de Nadal se achegue o 29 de decembro ás oito e media da tarde ao auditorio Hernán Naval a pasar un intre agradable xa que nestas festas é un acto importante para nós este concerto Aquí como en Viena. Así que quedan todos convidados a desexámoslles unhas boas festas”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



