“Con esta actuación, mellorará o tráfico e a seguridade nun vial moi utilizado polos veciños e veciñas de Vilalba”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco
Vilalba, 27 de decembro de 2023. O Concello de Vilalba renovará o firme e a sinalización da avenida de Cospeito, no tramo entre a rúa Abadín e a avenida Terra Cha.
A actuación, aprobada hoxe nun pleno extraordinario, suporá a renovación da capa de rodaxe e a sinalización horizontal da avenida.
“Grazas a estes traballos, melloraremos o tráfico e a seguridade viaria nunha avenida moi utilizada polos veciños e veciñas de Vilalba”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco.
As obras contan cun investimento de 26.650 euros e un prazo de execución dun mes.