Ribadeo, 3 de xaneiro de 2024. O alcalde, Dani Vega, aposta polo traballo conxunto entre administracións para ter un novo centro de saúde en Ribadeo. E subliña que o equipo de goberno está a escoitar todas as opinións sobre esta importante infraestrutura.
O rexedor sinalou: “debemos escoitar todas as opinións e todas as propostas. Nisto é no que está o goberno municipal, o Concello de Ribadeo, sobre distintos temas municipais que nos preocupan, que debemos mellorar e polo tanto o centro de saúde é unha cuestión prioritaria para Ribadeo”.
Vega contou que “nosoutros reunímonos con Modepen para escoitar as súas propostas, recoller as súas opinións e así mellorar entre todos, co máximo respecto, coa máxima lealdade e tamén cun obxectivo claro: mellorar o centro de saúde, mellorar tamén a atención neste centro de saúde actual, ter máis servizos sanitarios e loitar todos por un novo centro de saúde que vai traer de forma rápida e directa novos servizos sanitarios a Ribadeo”.
O alcalde subliñou que “o obxectivo é mellorar a sanidade pública e todos debemos traballar conxuntamente. Eu agradezo profundamente a Modepen que tivesen esta xuntanza con nós, comigo e cos concelleiros delegados, e tamén ter esa reunión coa Xunta de Galicia. Eu expliqueilles cal foi a decisión, na pasada lexislatura o goberno municipal propuxo este terreo, todo o pleno aprobou esa ubicación e entendemos que era a mellor opción. Había outras, pero non cumpren coa normativa urbanística”.
Daniel Vega indicou que “non podiamos perder o tempo, nosoutros desde a oposición tamén criamos que había outras opcións e cando chegamos ao goberno municipal os técnicos municipais explicáronnos que eran boas propostas, pero que non collía o edificio do centro de saúde, que non collía o 061 para telo alí de forma conxunta e que o obxectivo da Xunta era telo cerca das infraestruturas, é dicir das estradas que conecten rápido coa autovía para así reducir ese tempo vital para chegar ao Hospital da Mariña”.
Para o rexedor ribadense “son criterios técnicos, razoables, que lle expliquei a esta asociación, pero tamén lles dixen que os técnicos municipais explican isto e tamén queremos que veña a Xunta de Galicia e vos explique. Nestes momentos xa están chegando os informes preceptivos, que de forma rápida cando chegamos ao goberno nos puxemos a traballar, e teñen de fecha límite para chegar todos ata o 21 de xaneiro e a partires de aí xa faremos a modificación provisional do Plan Xeral para poder construír o centro de saúde”.
Daniel Vega dixo que “estamos dando pasos rápidos nestes poucos meses de goberno, estamos traballando de forma conxunta coa Xunta de Galicia e tamén imos ter unha xuntanza co conselleiro para ir avanzando na mellora dos servizos sanitarios. Un traballo conxunto, entre todos, que respectamos a Modepen, que escoitamos as súas propostas neste caso e noutras moitas máis materias que son de interese para Ribadeo. Entre todos estamos a facer un traballo necesario para mellorar a sanidade pública de Ribadeo, que é o obxectivo de todos”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



