Lugo, 16 de xaneiro de 2024. O Alcalde en funcións do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa edil de Participación, Cristina López, e Froilán Pallín e Lucía Anido en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA, anunciaron que o Concello de Lugo facilitará á veciñanza a realización de voluntariado nas praias galegas para colaborar coa recollida dos pellets de plástico que están a aparecer ao longo da costa. Rubén Arroxo declarou que “con esta acción facilitamos que todas as veciñas e veciños que o desexen poidan colaborar de xeito voluntario coa limpeza do verquido de plástico que está a afectar ás nosas praias”.
A xornada terá lugar o vindeiro sábado, 20 de xaneiro, no areal de Llas, no concello de Foz. O Concello de Lugo e ADEGA habilitarán un bus, que sairá ás 10:00 da facutade de Formación do Profesorado, e que chegará ao areal ás 11:30. O remate da xornada está previsto para as 14:30, e a volta a Lugo ás 15:45. As inscripcións poderán realizarse a través do formulario habilitado na web e nas redes sociais de ADEGA.
A actividade conta con 50 prazas para voluntarias que recibirán formación no protocolo de recollida de pellets, ademais de todo o material necesario para o desenvolvemento da limpeza e para manter a súa seguridade en materia de saúde. Seguindo o principio de precaución, ADEGA dotará ao voluntariado de luvas homologadas para a manipulación de produtos perigosos.
O protocolo de limpeza do lixo mariño elaborado por ADEGA inclúe especificacións concretas para a retirada adecuada de pellets de microplástico das praias. Algunhas das recomendacións pasan por acudir aos areais en grupos reducidos, realizar a limpeza de pellets nas horas de baixamar, empregar luvas de seguridade e evitar achegarse ás zonas ambientalmente máis sensibles. Aconséllase, igualmente, utilizar a técnica de varrido na area compactada cun cepillo para, posteriormente, metelos nuns recipientes con auga e eliminalos cun coador cunha luz de malla de entre 2 e 3 mm. Débese pisar o menos posible a zona a limpar, dirixindo o avance do grupo na mesma dirección. A recollida do material retirado debe facerse en bolsas específicas debidamente etiquetadas, e non mesturar os pellets con outro tipo de residuos.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



