A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, loaron o proxecto impulsado polo Polo de emprendemento da Fonsagrada e o GDR Montes e Vales Orientais
Navia de Suarna, 17 de xaneiro de 2024. A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participaron hoxe na presentación do proxecto Cociña de Ancares Terras de Burón, impulsado polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego da Fonsagrada en colaboración co grupo de desenvolvemento rural (GDR) Montes e Vales Orientais. Alí, puxeron en valor esta iniciativa colaborativa que busca dar a coñecer os produtos agroalimentarios da zona, xunto cos seus atractivos naturais ou históricos.
Na súa intervención, a secretaria xeral referiuse ao pulo do emprendemento feminino, especialmente nas contornas rurais onde se está a asentar de xeito decidido a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que conta na actualidade con 12 centros activos, incluído o da Fonsagrada do que parte a iniciativa presentada hoxe. Sinalou que o apoio da Xunta ás mulleres emprendedoras continuará neste 2024, con programas como o que cumprirá xa 28 anos dando impulso ao emprendemento e ao emprego feminino, así como ás iniciativas innovadoras e ás medidas de conciliación.
Pola súa banda, a directora xeral incidiu no asesoramento técnico -personalizado e de principio a fin dos proxectos- prestado desde os Polos, que está servindo para que medre o emprendemento en Galicia. Destacou que desde o centro da Fonsagrada xa se teñen atendido máis de 60 persoas emprendedoras, con iniciativas entre as que destacan as hostaleiras, seguidas das referidas á agricultura, a gandaría, a silvicultura ou a pesca.
Cociña de Ancares Terras de Burón
No acto de hoxe, presentáronse os traballos realizados ata o momento no marco do proxecto de emprendemento Cociña de Ancares Terras de Burón, o estado da iniciativa e os próximos pasos a dar, como a habilitación dunha tenda online. Ao tempo, os produtores participantes no proxecto presentaron os seus produtos a distintos responsables de establecementos, facilitando así o contacto para acadar acordos de colaboración.
En concreto, os produtos que se buscan promocionar son a androlla, o butelo, os viños, os queixos ou os doces propios da zona, ademais da elaboración de platos nos que se combina a tradición e a innovación. Así mesmo, o proxecto contempla visitas a explotacións onde se crían os animais dos que proceden estes produtos, a panadarías tradicionais para ver como traballan, facer sendeirismo pola montaña ou descubrir o patrimonio natural e histórico da contorna.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



