Rodil referiuse a outras propostas que o BNG establece como prioritarias nesta materia e asegurou que “é o momento de traballar con intensidade para conquistar dereitos demandados pola socidade para acadar unha igualdade real”
Lugo, 20 de xaneiro de 2024. Olalla Rodil, cabeza de lista do BNG por Lugo, lembrou o “cuestionamento ou banalización das violencias machistas e as posicións que pretenden facernos retroceder en dereitos” e asegurou que “Ana Pontón na presidencia da Xunta será o máximo garante da implementación de políticas encamiñadas a avanzar nunha sociedade igualitaria”. Rodil incidiu na necesidade de reforma dos Centros de Información ás Mulleres (CIM) e de “aprobar un programa de ampliación e extensión dos CIM que contemple o incremento da achega económica do programa de axudas e subvencións de apoio aos CIM, facendo especial énfase na creación destes centros naquelas comarcas nas que actualmente non existen”. A parlamentaria nacionalista tamén significou “a necesidade de implementar a estes centros con todo o persoal que sexa obrigatorio para a acreditación do CIM e a incorporación de novos perfís profesionais para o seu corrrecto funcionamento”.
Rodil tamén se referiu á importancia de crear unha Valedoría de Igualdade como órgano de defensa cidadá perante situacións de discriminación, directa ou indirecta, por razón de xénero. Esta Valeduría tería entre as súas funcións as de investigar, asesorar, e mediar. Tamén se encargaría da elaboración de propostas para a promoción da garantía do cumprimento do principio de igualdade. Ademais Olalla Rodil significou que “cun BNG ao fronte da Xunta de Galiza contariamos cun Instituto Galego das Mulleres como organismo público para promover políticas de igualdade de forma transversal en todos os ámbitos da vida social, económica, cultural e política de Galiza”.
“Impulsaremos Lei de Inclusión de Cláusulas Sociais en materia de Igualdade co obxectivo de as introducir transversalmente en todos os ámbitos de actuación administrativa en que sexa procedente, así como para aquelas circunstancias e situacións sociais, onde xuridicamente, for posible” anuciou Olalla Rodil e engadiu a necesidade de contar, tamén, cunha nova Lei galega de recoñecemento e apoio das familias monoparentais. O BNG dende o goberno galego tamén velará pola visibilidade do traballo non remunerado no fogar e profundar no coñecemento do uso e reparto das tarefas domésticas colaborando coas universidades galegas no desenvolvemento de estudos específicos sobre o valor deste traballo.
























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



