Os deputados populares agradeceron a participación de máis de 500 veciños da provincia nesta concentración “respectuosa e reivindicativa” para esixir ao presidente da Deputación unha rede viaria provincial en “bo estado e que non supoña un perigo constante circular por ela”
Lugo, 30 de xaneiro de 2024. Máis de medio millar de persoas falaron hoxe alto e claro diante da Deputación de Lugo para esixir ao presidente provincial, José Tomé, o arranxo das estradas provinciais nos 67 concellos da provincia debido “ao perigo que supón circular por elas despois de anos de abandono no seu mantemento”.
O voceiro provincial, Antonio Ameijide, quixo dar as gracias “aos máis de 500 veciños da provincia que se concentraron ante a Deputación para dicirlle alto e claro a José Tomé que ten abandonadas as estradas dos 67 concellos da provincia, xa que non só se trata dunha molestia constante e de avarías nos vehículos, se non que se trata dun perigo real para a integridade dos condutores”.
Ameijide recorda que “é unha irresponsabilidade por parte de José Tomé” ter a rede viaria provincial “abandonada” xa que ten a obriga de preocuparse pola situación das estradas provinciais “en lugar de destinar os fondos da Deputación a pagar as carreiras políticas do PSOE e do BNG mentres todo sufrimos a nefasta situación que amosan todas as estradas provinciais”.
“Dicímoslle a Tomé e ao BNG que xa está ben de ter abandonados os municipios de Lugo, que precisan unhas estradas dignas. O partido socialista pensa que a Deputación é o seu cortixo privado para repartir cartos entre afíns mentres desatende as estradas provinciais e as súas competencias propias”, sentenciou.
O deputado provincial, José Ángel Santos, defendeu durante o pleno unha iniciativa para que a Deputación de Lugo proceda a realizar un plan de arranxo das estradas provincias, en base a criterios obxectivos, ademais de consignar máis orzamento para este fin, proposta que PSOE e BNG rexeitaron.
Durante a súa intervención, José Ángel Santos afirmou que “o fanatismo e a desidia de Tomé como presidente da Deputación de Lugo, convérteo nun presunto delincuente viario, chegando ao punto de que está poñendo en risco as vidas das persoas que circulamos por estradas provinciais día tras día, cometendo presuntamente un delito premeditado contra a seguridade viaria, debido a una conduta totalmente ilícita que pon en perigo a seguridade das persoas”.
AS INFRAESTRUTURAS SON CLAVE
Pola súa banda, a presidenta provincial do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, explicou que “cando realizamos reclamacións sobre infraestruturas e nos diriximos ao Goberno de Pedro Sánchez para pedir o mantemento da A6 ou a chegada da Alta Velocidade, todos temos claro que contar con infraestruturas é futuro, e, neste caso, é o mesmo”, ao que engadiu que “a provincia de Lugo necesita que os 67 concellos estean vertebrados a través da rede viaria provincial, a máis extensa de España, e a Deputación ten a responsabilidade de mantela en boas condicións pero non o fai. Son moitos anos de abandono”.
Ademais, Elena Candia denunciou que “durante todos estes anos de abandono os dous perdedores que forma o goberno provincial empregaron esta institución para afianzarse no seu goberno sen ter en conta as prioridades da provincia e as infraestruturas son unha delas”.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



