Antonio Ameijide afirma que Cospeito ten o polígono paralizado dende hai 17 anos por culpa do PSOE e o BNG e “non podemos admitir leccións nin promesas do candidato á Xunta do partido socialista nin do presidente da Deputación cando levan 17 anos boicoteando o polígono industrial de Cospeito e moitos outros ao longo da provincia”
Lugo, 31 de xaneiro de 2024. O voceiro provincial, Antonio Ameijide, e o deputado provincial e alcalde de Cospeito, Armando Castosa, mantiveron hoxe un encontro con empresarios de Cospeito para analizar a situación do polígono industrial deste municipio.
Armando Castosa pide ao goberno provincial “o desbloqueo inmediato” do polígono industrial do municipio que “PSOE e BNG manteñen secuestrado” dende hai 17 anos e pide que se desbloquee e se entregue ao concello para que poidan comercializarse as parcelas “moitas delas xa reservadas por empresarios do municipio, que non teñen nin parcela nin os cartos da fianza”.
O proxecto do polígono industrial de Cospeito comeza en xuño de 2005, cando a Deputación de Lugo, Suplusa e o propio concello asinan un convenio de colaboración para desenvolver esta zona industrial.
Entre 2005 e 2007 realízase o plan de sectorización por parte do Concello de Cospeito e aprobouse, o primeiro paso para poder desenvolver esta zona, “cun goberno do PP apoiando dende o primeiro intre o proxecto” pero coa chegada do PSOE á Deputación en 2007 “paraliza todo”.
Baixo a presidencia de Gómez Besteiro, entre 2007 e 2015, houbo tres xuntanzas entre Concello de Cospeito e a Deputación de Lugo para avanzar no proxecto nas que “sempre nos dixeron que estaba todo solucionado e que en 15 días comezaría todo a funcionar de novo, pero nos 8 anos de Besteiro nada se fixo”.
Nos seguintes anos, con outros presidentes á fronte da Deputación “máis do mesmo”. Os únicos avances prodúcense cando hai un cambio de dirección en Suplusa e, grazas á iniciativa do PP, “Suplusa comeza a impulsar o polígono, mentres dende a Deputación o torpedearon”.
En 2018 comeza a obra a urbanización do polígono e prodúcense as primeiras reservas de parcelas. “Véndense entre os empresarios do municipio e polo menos 8 deles adiantan cartos en 2018 en concepto de reserva das parcelas para a súa posterior compra”. “A realidade é que case unha decena de empresarios de Cospeito depositaron miles de euros ante a Deputación hai 6 anos para a reserva das parcelas e a día de hoxe nada teñen, nin cartos nin parcela”, denuncia.
Armando Castosa denuncia que esta non foi “a única perda que tivemos que asumir dende o Concello e os empresarios do municipio” xa que se perdeu unha subvención de 300.000€ para un viveiro de empresas no polígono porque a Deputación non puxo a parcela unha disposición. “A Deputación boicoteou a construción dun viveiro de empresas no polígono de Cospeito (financiado pola Xunta) a pesar de que legalmente era viable e posible. Todo por non dar unha autorización”, lamentou.
O alcalde de Cospeito e deputado provincial ofrece a máxima colaboración e lealdade institucional e indica que se a Deputación de Lugo é incapaz de desbloquear a posta en marcha do polígono “eu comprométome a dar o impulso necesario e o financiamento oportuno onde sexa necesario para garantir a posta en marcha do polígono”.
Pola súa banda, o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, afirma que Cospeito ten o polígono paralizado dende hai 17 anos por culpa do PSOE e o BNG. “Non podemos admitir leccións nin promesas do candidato á Xunta do partido socialista nin do presidente da Deputación cando levan 17 anos boicoteando o polígono industrial de Cospeito e moitos outros ao longo da provincia”, sinalou.
“É absurdo e unha broma de mal gusto escoitar ao candidato do partido socialista á Xunta de Galicia que vai a impulsar o desenvolvemento industrial cando en 8 anos foi incapaz de poñelo en marcha, como tampouco o foron se sucesivos gobernos de perdedores da Deputación de Lugo”, rematou.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



