José Tomé participou co Alcalde na entrega deste recoñecemento, outorgado a Carnicería Silmer, Xosé Fernández López, Modesta Fernández Blanco, Embutidos RM, Facenda Farruquiño SL, Carnicería Testo, Embutidos Buenavista e Casa Castelao
Lugo, 4 de febreiro de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este domingo xunto ao Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, na entrega do Butelo de Ouro, que este ano recoñece os produtores que participaron na feira ao longo da súa historia. “É un acto de xustiza”, valorou o mandatario provincial.
“Os produtores e produtoras son os verdadeiros protagonistas dunha andaina que comezou alá polo ano 1998. Sen eles, esta feira non tería chegado ata aquí”, destacou José Tomé, sumándose ao “recoñecemento do seu labor, da súa dedicación, porque todo o que fixeron pola Feira do Butelo e pola Fonsagrada, fixérono tamén pola provincia de Lugo”.
Puxo o Presidente o traballo dos produtores de butelo como exemplo do “enorme” potencial do rural, “da capacidade para innovar e para xerar riqueza en torno a un produto tradicional cunha feira que foi declarada de interese turístico de Galicia en apenas un cuarto de século de existencia”, salientou.
“No rural temos ideas, temos proxectos, temos capacidade de traballo, temos propostas de futuro e temos vontade de innovar. O que precisamos é que as administracións públicas –todas as administracións– apoien esas ideas, eses proxectos, esa capacidade, que sexan activas e dinamizadoras, como fan os premiados que hoxe recoñece o Concello da Fonsagrada con este Butelo de Ouro”.
Nese sentido, José Tomé incidiu en que o rural “non vive de titulares baleiros nin de promesas que nunca se converten en realidade. O rural necesita feitos, necesita servizos públicos de calidade e emprego”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



