Aprobado tamén o Plan Anual de Contratación que prevé que a institución saque adiante neste ano 2024 contratos por un importe total que supera os 33M€
Lugo, 9 de febreiro de 2024. A Xunta de Goberno aprobou este venres investimentos de máis de 1,2M€ para seguir mellorando a rede de estradas provinciais. Tal e como explicou a Voceira socialista, Pilar García Porto, a Deputación de Lugo licitou unha obra para acondicionar un novo tramo do Cinto Comarcal ao seu paso polos concellos de Friol, Outeiro de Rei e Begonte; o inicio da LU-P-1702 que conecta en Cospeito Feira do Monte e Fontefría; e un treito da LU-P-2913 que comunica Lugo e Guntín desde a parroquia de Coeses ata Terlama, en Ferroi.
Concretamente, a Deputación de Lugo investirá practicamente 900.000€ na renovación do firme de 7 quilómetros da LU-P-1611, coñecida como o Cinto Comarcal, ao seu paso polos concellos de Friol, Outeiro de Rei e Begonte. Unhas obras que terán un prazo de execución de tres meses dende o seu inicio, e que consistirán na mellora da drenaxe, na pavimentación con aglomerado en quente e na sinalización no treito que vai do punto quilométrico 49,935 ao 57,150. Un proxecto “importante” que “aumentará a seguridade da vía e a comodidade dos numerosos condutores que a diario circulan por ela”.
Ademais, a Xunta de Goberno licitou por máis de 112.000€ unha obra para rehabilitar o firme doutro tramo da LU-P-1702, que conecta Feira do Monte e Fontefría, en Cospeito. Os traballos, que afectarán a un tramo de 1,3 quilómetros ao inicio da estrada, terán un prazo de execución de 2 meses, e consistirán na limpeza das cunetas, na pavimentación con aglomerado en quente e na sinalización mediante marcas reflexivas brancas.
No capítulo de estradas, García Porto deu conta ademais da licitación por máis de 240.000€ dun contrato para a mellora de 4 quilómetros da LU-P-2913, a estrada que une a parroquia de Coeses, no concello de Lugo, e o lugar de Terlama, no municipio de Guntín. Uns traballos que teñen un prazo de execución de 2 meses e que consistirán na apertura de cunetas, na mellora do firme con aglomerado en quente e na sinalización horizontal e vertical no treito que vai do punto quilométrico 4,230 ao 8,259.
Plan Anual de Contratación
Tamén se aprobou o Plan Anual de Contratación da Deputación de Lugo para este ano 2024, un documento de obrigada elaboración, segundo establece a Lei de Contratos do Sector Público, que fai unha previsión estimativa dos procedementos de contratación de servizos, subministracións e obras que desenvolverá a institución provincial ao longo deste ano. “Un documento de traballo, que reflicte a capacidade de planificación, de xestión e de transparencia deste Goberno”, segundo explicou García Porto, e que prevé que a Deputación sacará adiante neste ano contratos por un importe total que supera os 33M€, “unha cifra, en todo caso, estimativa”.
Aseos portátiles para Ombreiro, o Rato e Paradai
A Xunta de Goberno aprobou ademais a contratación da subministración, en réxime de arrendamento, de cinco aseos portátiles que se instalarán no entorno dos paseos de Ombreiro, Paseo do Rato e Paradai. O investimento da Deputación para a dotación deste servizo, que inclúe tamén a limpeza diaria e o mantemento destas cabinas sanitarias, é de 96.000€ e a duración do contrato, de 4 anos.
Impulsa TIC
A Voceira socialista do Goberno deu conta da licitación, por un importe de máis de 1,3 millóns de euros, de 4 novos lotes para o subministro de servizos e equipamentos tecnolóxicos que a Deputación proporcionará de maneira gratuíta aos 52 concellos da provincia que decidiron adherirse ao programa Impulsa TIC da institución provincial para avanzar na transformación dixital e, desta forma, prestar un mellor servizo público á veciñanza.
En concreto, o material servirá para dotar de equipos informáticos á oficina de asistencia en materia de rexistro; subministrar e instalar tablets e software para recoller a firma biométrica; subministrar e instalar os escáneres de mesa e o software que permite converter as imaxes de texto en datos de texto, o que permite optimizar as operacións con formularios ou facturas; e subministrar postos intelixentes, que facilitarán a mobilidade dos traballadores coa instalación de equipos portátiles que simplificarán tamén o teletraballo.
A Deputada informou de que está previsto que nas vindeiras semanas a institución aprobe a licitación de servizos e equipamentos polo investimento restante, para completar o total dos 4,5M€ cos que está dotado o proxecto que financia a Deputación cos fondos que conseguiu da Unión Europea, e que logo se procederá a subministración dos materiais aos concellos.
Raza Rubia Galega
Finalmente, a Xunta de Goberno tamén aprobou o informe xustificativo de ACRUGA sobre a entrega de 200.000 euros en axudas da Deputación no ano 2022, destinadas á promoción e potenciación de vacas reprodutoras de Rubia Galega nas explotacións da provincia de Lugo.




















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



