Hai unha certa tendencia a querer convencernos de que o 28 COP, o 28º Cumio polo Clima desenvolto hai un par de meses en Dubai, foi un éxito. Ou ó menos, que ‘non pode cualificarse de fracaso’. Despois de 27 incumprimentos, o mesmo número que cumes previos, coido que si, que polo menos temos fundamento para as nosas dúbidas, xa non sobre o resultado anunciado, senón sinxelamente de que a cousa teña valido para algo. Por certo, Dubai, que era o organizador neste caso, por se non se lembra, é un estado rico en e por o petróleo.
Pero, ó tempo, tamén criamos que había que intentalo, que hai que intentalo todas as veces posibles porque non hai alternativa á vista a tentar poñer un chanzo para salvar o planeta e a nós con el. Aínda que o xefe do cotarro fora tamén o presidente dunha compañía pouco interesada en cambiar o statu quo -máis ben ó contrario, interesada en mantelo-. Pouco interesado en reducir as emisións de CO2. Aínda que o planeta ‘faga augas’ por moitos sitios, a máis da emerxencia climática. Coa guerra sempre presente e nunca vendo esvaecerse o perigo de destrución mutua total. Sen esquecer o esgotamento dos recursos naturais. Tendo presente a contaminación de terra, mar e aire por substancias diversas, de hidrocarburos a velenos pasando por microplásticos. E mesmo deixando á beira outras contaminacións que poden parecer menos importantes, da luminosa nocturna ou ruído continuo que entolean á natureza e enganan ás persoas, á do espazo, no que os refugallos espaciais dificultan cada vez máis o noso futuro aló arriba, de viaxes espaciais a telecomunicacións. E aínda considerando só algo derivado a cousas como a violencia e a fame. Por suposto que todos son problemas. Mesmo graves. E aínda que podamos percibir claramente algúns como peores ca outros, todos -pódese amosar- son urxentes. Todos demandan solución. Pero si, a emerxencia climática tamén emerxeu xa hai tempo como moi urxente, e dende aquela a temperie segue a bater marcas cada vez máis ameazantes de temperaturas, de ventos, de secas ou de chuvias torrenciais, todo á vez.
Ben, pois pouco despois dese cumio no que o que se logrou foron unhas cantas verbas para dulcificar e desculpabilizar o que todo o mundo sabe, seguimos a ter a percepción de que, como noutros casos, un puñado de xente empurra ó conxunto ó desastre nunha versión moderna e adaptada daquel ‘ande eu quente e ríase a xente’ de séculos pasados. E así, sen quitar a pouca ou moita culpa que todos temos, salienta o título dun libro recén editado que chegou con só tres compañías para impoñer criterios nas diversas cumes do clima. Serían estas Aramco, Gazprom e China Energy. Tres contra o mundo, aínda que estean acompañadas doutros moitos intereses: non creo que Repsol, Exxon ou Shell, por dicir outras tres, estean fóra de sospeita. E non, tampouco sería lóxico quitarnos de riba a parte que nos corresponda, como país, vila ou individuo, por ínfima que sexa en relación ó total de culpa. Pero choca que se dé conta dun pico de contaminación en Lahore, Paquistán, a cidade máis contaminada do mundo (ó mellor non te decataches, que había outras cousas nas noticias), ou dunha nova marca de contaminación de CO2 a nivel mundial (un 1,5% máis que o ano pasado polas mesmas datas, pode que tampouco te decataras) xusto nos mesmos días nos que se escoita que hai que volver ó motor de combustible tradicional porque os motores eléctricos (ben, iso non, sería demasiado), os coches eléctricos, non dan bo resultado…
Despois de todo, si, tres (aínda que sexa ‘e pico’) contra o mundo que tentan convencer mentres seguen a chupar…


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



