Estas eleccións certificaron unha vez máis o sentir do pobo galego que actúa en chave conservadora. Pero sendo como somos un pobo diferenciado, ese aparente voto conservador que se traduce no voto maioritario ao PP non é un voto razoado por ser este un partido de dereitas.
Vaia por diante que a decisión de votar a unha ou outra opción política non so está nas impresións subxectivas, nas campañas persuasivas ou mensaxes emocionais.
Xoga un papel fundamental a transmisión da confianza.
É nesta parte onde o pobo galego se mostra conservador por natureza, non aventura o seu voto porque sí…de ahí que o PP rendabilizou ben a confianza do seu electorado a pesar de ter un candidato que non era o máis coñecido, pero a marca PP si ofrece unha confianza a un moi amplo electorado.
Outro beneficiado pola confianza ofrecida foi o BNG que traballou moi ben a imaxe da candidata, ao tempo que reducía o logo a imperceptible nos carteis, e esta era a máis coñecida de todas as forzas políticas que se presentaron. O PSOE foi castigado polos dous condicionantes principais, candidato menos coñecido e proxecto político fracturado.
Volvemos a estar no mesmo resultado do ano 2001, onde o PP tivo nesa ocasión 791.885 votos, e agora as tres dereitas (PP, VoX, DO) 748.296 votos. A esquerda (BNG,PSOE, e os grupos afíns) tiveron no 2001 un total de 691.673 votos, fronte aos actuais 702.936 votos.
Levamos 6 lexislaturas cos resultados electorais practicamente iguais no Parlamento de Galicia a excepción dunha lexislatura de goberno alternativo pero sen apenas moverse a correlación de forzas electorais.
Toca pois remangarse e poñernos todas as persoas conscientes da necesidade dun proxecto de País, galeguista, conservador e de centro transversal baseado nos valores intrínsecos de Galicia, toca arrimar ombreiro co Partido Galego, que leva catro anos implantando proxecto nos concellos.
Debemos pasar páxina de experimentos do estilo do presentado as Eleccións galegas do 2020 coa coalición que etiquetaron como galeguista, formada por En Marea, CxG e o Partido Galeguista, que tivo uns resultados anecdóticos, toda vez que En Marea viña de ser o primeiro partido da oposición no Parlamento Galego, acadando desta volta 2.883 votos, co 0.22%.
Nas presentes eleccións, outra proba de coalición auto cualificada de galeguista e formada sobre todo por xente ex_psoe da que participaron 5 grupos (EC, GS, CxG, CG e UL), o resultado foi incluso peor, quedando en 1.540 votos, co 0,10%
No Partido Galego, decidiuse por proposta das bases das Agrupacións Locais que aínda non era o momento de presentarse a este tipo de eleccións. Estamos nun proceso de avance, de constitución de novas Agrupacións por toda Galicia e que primeiro toca sentar as bases nos concellos. Traballamos para conseguir as dúas normas enunciadas no principio consolidar o Partido Galego como marca recoñecida por todo o electorado e o mellor proxecto solvente, na estrutura, garantía democrática, con un corpo social firme, traballando todos na mesma dirección e coa meta de servir a Galicia como o seu partido, o partido da esencia de País, do sentidiño, do galeguismo de sentimento, estamos para activar este pobo, para facelo rexurdir, sentirse orgulloso de seu, da súa historia e das capacidades do seu futuro.
Suso Ares
Coordinador Xeral do PG






















O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



