Ribadeo, 28 de febreiro de 2024. O Concello de Ribadeo quere aunar a sostibilidade e a gastronomía e para elo creará unha nova modalidade de premio. Será a tapa máis sostible dentro do concurso de tapas Ribadeo Tapeo, apostando así por alimentos de proximidade. Será unha iniciativa pioneira que se levará a cabo contando coa asociación Eo Alimenta.
A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, indicou que “nesta nova edición damos prioridade á sostibilidade, pois é unha aposta clara de futuro que influirá de forma positiva na nosa comunidade e na economía local. Queremos iniciar e establecer unha rede de contactos entre as persoas hostaleiras e as persoas produtoras da zona. Así creamos a categoría de tapa sostible na que un dos requisitos será que a tapa esta elaborada nun 50% con ingredientes procedentes da proximidade”.
A edil ribadense explicou que “para facilitar esta á participación nesta nova categoría e fomentar o consumo de produtos de proximidade o Concello quere enviar un listado de posibles provedores de produtos aos hostaleiros para que así coñezan a oferta do territorio, sexan de horta, pesca, gandeiros ou elaborados (queixos, marmeladas, cervexa etc.. ) e procedentes de lugares que teñan unha distancia con Ribadeo de 100 quilómetros ou menos”.
Marta Saiz convida “ás persoas interesadas en participar desta iniciativa a poñerse en contacto a través do correo electrónico adl@ribadeo.gal ou a través do teléfono 982128650 para que nos transmitan a posible oferta de produtos dispoñibles nas datas do concurso, que se celebrará do 20 ao 28 de abril. O prazo para o envío será o vindeiro 3 de marzo”.
E engadiu que “ademais o Concello quere animar á hostaleira a participar desta categoría do premio á tapa máis sostible, que de seguro dará unha nota de calidade e distinción ao Ribadeo de Tapeo. Para elo desenvolvérase unha reunión informativa e de asesoría con respecto a esta categoría de tapa o vindeiro luns, 4 de marzo, ás 10.30 horas na Casa de El Viejo Pancho. Será con Eo Alimenta. Aquelas persoas que non poidan asistir poden resolver as súas dúbidas achegándose ou chamando ao departamento de ADL do Concello de Ribadeo”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



