Reclama un novo modelo baseado no consenso, a defensa do medio ambiente e o retorno dos beneficios económicos e sociais para os territorios afectados
Santiago de Compostela, 9 de marzo, 2024. Ante a cascada de suspensiones cautelares de novos proxectos eólicos e a consulta do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ao Trinunal de Xustiza da Unión Europea(TJUE) sobre o repecto á normativa europea na tramitación ambiental e procedementos, o BNG responsabiliza ao PP da inseguridade xurídica do sector eólico e demanda un novo modelo consensuado e ordenado que defenda o medio ambiente e que o retorno dos beneficios económicos e sociais bebeficien aos territorios afectados.
Para a deputada electa por Ourense, Noa Presas “a situación de parálise e inseguridade xurídica ten un único responsable, o Partido Popular” e acusa ao PP de “gobernar só para as eléctricas”.
Presas lembra que o PP tumbou a lei e o concurso eólico do Goberno bipartito, decisión que supuxo “millóns de euros en indemnizacións”.
Por outra banda, apunta que o PP tamén modificou a lei eólica en 11 ocasións de forma parcial a través doutras leis, “sen suficiente debate, nin consenso dos axentes implicados” ao que suma a carencia dos estudos necesarios e falta de participación do CES. Ademais, engade que segue sen actualizar un Plan sectorial eólico dende hai case 30 anos.
Para a nacionlalista, o actual modelo “só da problemas, é contestado polos concellos, organizacións sindicais e agrarias, o ecoloxismo e mesmo o Consello da Cultura Galega.
Entre as moitas eivas que presenta o actual modelo eólico do PP, Noa Presas salienta o risco para a preservación do medio ambiente e a falta de beneficios sociais e económicos para Galiza e recalca que “a chapuza lexislativa deixa unha situación no sector de parálise e inseguridade da que é responsable o Partido popular”.
Ante esta realidade, o BNG reclama un cambio de modelo e un novo consenso eólico que priorice as necesidades de Galiza e dos galegos e galegas, apostando pola defensa do medio ambiente e que os beneficios econmicos repercutan nos territorios afectados garantindo a participación social da cidadanía.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



