Nota de Prensa
O BNG DE FOZ CONVOCA A TODOS OS VECIÑOS A CONCENTRARSE POLA RESIDENCIA E POLO CENTRO DE DÍA
Basanta afirma que “esta é unha reivindicación de todos”
Foz, 6 de outubro de 2010.- O BNG de Foz fai público o chamamento a concentrarse o sábado, día 9, ás 12 horas, diante do Asilo de Anciáns para reclamar un Centro Residencial de Día para Foz.
Hai que recordar que a construcción da Residencia de Foz comezou a ver a luz a través do compromiso por parte da Consellaría de Vicepresidencia, dirixida polo BNG, para a súa realización dentro do Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais. Dentro deste Plan, contemplábase para Foz, xunto á Galescola, o Centro Residencial de Día. “A Galescola xa se fixo realidade, agora a Xunta debe cumprir coa Residencia e esperamos que o cambio de goberno non signifira a anulación desta obra ” afirmou Basanta.
Para o BNG é incomprensible que Foz non conte actualmente cunha Residencia e cun Centro de Día, cando outras localidades de menos peso xa o disfrutan desde hai anos. “Foz é a única poboación da Mariña de certa importancia que está sen Centro de Día, todas as demais o teñen, e isto é un agravio dificilmente entendible”. No Concello de Foz están censados ao redor de 2.300 maiores de 65 anos, o Concello está adherido ao Consorcio e os terreos que ofrece no contorno do actual asilo están cedidos á Xunta con todos os requisitos.
Ao día de hoxe, non se sabe cales son as intencións da actual Xunta de Galiza respecto da construcción deste Centro Residencial con Centro de Día, sendo urxente e máis necesaria que nunca. Por este motivo, o BNG xa presentou unha Proposición Non de Lei o 8 de xuño pasado instando á Xunta de Galiza á construcción deste Centro Residencial con capacidade para cen persoas máis cincuenta prazas no Centro de Día así como incluír unha partida nos Orzamentos de 2011 que garanta o inicio das obras no próximo ano e o seu remate no horizonte do 2013. Segundo o portavoz nacionalista, “se a Xunta non fai nada ao respecto sería algo imperdoable e difícil de xustificar diante dos focegos por parte do partido que goberna”.
O chamamento a esta manifestación por parte do BNG vén a ser un paso máis dentro das accións que o BNG levou adiante para a construcción deste servizo público esencial. Nestes días, o BNG tamén levará a cabo unha recollida de sinaturas para o mesmo fin.
Pero queremos deixar claro que esta non é unha demanda que poida ser monopolizada por ningún grupo político senón que é unha reivindicación de todos. En primeiro lugar, porque todos os grupos da corporación nos manifestamos en pleno a favor desta petición. E en segundo lugar, porque este é unha demanda xusta e básica para Foz na que non debe existir discrepancias de ningún tipo. Neste sentido, “todos os grupos somos os convocantes desta concentración e temos que estar o sábado unidos por esta demanda, sen exclusións, e respaldados por todos os veciños de Foz”.


















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



