Lugo, 21 de marzo de 2024. O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este xoves nas mesas sectoriais sobre medio ambiente e desenvolvemento económico da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que se celebraron nas Aulas de Formación anexas ao Pazo de San Marcos coa participación de 8 entidades, entre concellos e asociacións. Con estes encontros, a Deputación avanza no procedemento que ten en marcha para aprobar o Plan de Xestión deste territorio recoñecido pola UNESCO para o período 2024-2034.
“Coas vosas ideas, opinións e aportacións, estamos fortalecendo e mellorando o modelo de xestión das Reservas da Biosfera que temos na Deputación de Lugo”, valorou Carlos López. Sinalou que precisamente o modelo da institución provincial está baseado “na participación dos concellos e do tecido asociativo que está implantado e que traballa no territorio, na seriedade e no rigor, para combinar os dous factores que establece a estratexia Home e Biosfera fixada pola UNESCO hai 50 anos: preservar e poñer en valor o noso inmenso e rico patrimonio medioambiental e, ao mesmo tempo, xerar riqueza e emprego. En definitiva, apostar por un desenvolvemento sostible”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.



