A alcaldesa vén de remitir un novo escrito ao ente autonómico no que sinala a diferencia entre o 33% de finanzamento que ofertan para Barreiros e as porcentaxes de ata o 100% que asumen noutros Concellos
Barreiros, 21 de marzo de 2024. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixir unha misiva a Teresa Gutiérrez, directora de Augas de Galicia, na que lle amosa o malestar polo que considera unha “trato discriminatorio e discrecional entre Concellos á hora de repartir fondos destinados á mellora dos sistemas de saneamento municipais”.
A rexedora refírese á situación de encallamento que se está a dar á hora de financiar o proxecto de construción dunha nova depuradora en San Miguel, para o que o departamento autonómico fixou unha regra segundo eles inamovible dun cofinanzamento ao 33%.
Porén, sinala Ermida, “estamos vendo continuamente convenios nos que Augas de Galicia financia porcentaxes moito máis altas, de ata o 95 ou o 100% nalgúns casos ben próximos a Barreiros”.
Por iso, a alcaldesa reclama da directora, como xa reiterou en numerosos escritos enviados a distintos dirixentes do goberno galego aos que non obtivo resposta, que “se considere un proxecto prioritario á hora de destinar fondos europeos” ou do contrario, continúa non se entende que “non exista unha vontade para afrontar un investimento da prioridade do que se trata”.
Ana Ermida finaliza o escrito trasladando como representante do conxunto da veciñanza de Barreiros, “o compromiso real dese departamento co Concello de Barreiros e coa súa poboación, dispensando a esta administración igualdade de trato con outras en situacións similares.” Neste sentido, solicita novamente que a construción da depuradora de San Miguel de Reinante se considere prioritaria e se destinen os fondos suficientes para a súa execución, a efectos de “non seguir hipotecando a saúde pública barreirense cunha regra inexistente para outros territorios”, ao tempo que se pon a disposición para “manter as xuntanzas que sexan precisas para desbloquear a situación e poñer en marcha tan ansiado e necesario proxecto”.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



