Foz, 28 de marzo de 2024. O alcalde de Foz e deputado provincial, Fran Cajoto, di que “o Partido Popular de Castiñeira volve ao insulto para ocultar a traizón á Mariña sobre a planta de Altri”.
“De novo recibo insultos do señor Castiñeira: agora defíneme como marioneta e como camaleón. Unha nova páxina máis da política de Ayuso, nada novo”, afirma Fran Cajoto sobre as últimas declaracións verquidas á prensa polo popular Javier Castiñeira.
Cajoto engade: “resulta curioso que Castiñeira se acorde de Altri agora, que está fóra da institución provincial por decisión do seu partido. Non defendeu unha fábrica de fibras téxtiles para a Mariña cando era voceiro na Deputación, quedou calado cando ata en tres ocasións solicitamos desde a Mancomunidade reunións á Xunta”.
O alcalde de Foz acusa aos populares de ocultar o proxecto real diante da opinión pública: “creo sinceramente que non quixeron reunirse con nós porque están ocultando o proxecto real. Pasaron de 2.500 traballadores a 400 postos de traballo, dunha planta de fibras téxtiles a unha baseada principalmente na celulosa. Dous anos -a última reunión solicitada desde a Mancomunidade foi en marzo de 2022- é tempo máis que suficiente para que o presidente da Xunta, o conselleiro ou cando menos o director xeral do Consorcio Impulsa Galicia se reúnan coa Mancomunidade da Mariña. É evidente o pouco que importa esta comarca en Santiago”.
Despois da aprobación no Parlamento Galego por unanimidade en febreiro do ano 2022 da instalación da planta de fibras téxtiles, a Fran Cajoto resúltalle curioso que o Partido Popular volva presentar unha batería de mocións sobre o asunto: “algo que xa está aprobado non se volve a traer a debate. O que me resulta de todo inaceptable é que na moción do Partido Popular se fale de 2.500 postos de traballo cando Altri está a recoñecer que se van a crear do entorno dos 400. Non se pode enganar á poboación, eu non vou votar a favor dun engano. Espero tamén que o interese do PP de alonxar a planta de fibras da Mariña e de darlle un xiro de 180 graos non teña nada que ver con que Greenalia -da que forman parte exconselleiros como Beatriz Mato- controla desde o ano pasado o 25% do proxecto de Palas de Rei ”.






















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



