As eleccións nacionais celebráronse o 19-F e o Parlamento de Galicia constituise o lusn 18-M. Os grupos tiñan prazo para se constituir até o 25-M, mais a adscrición de todos os deputados entre os Grupos do BNG .PSdeG e PP era inmediata, así como que era evidente que o Grupo Mixto habería de se constituir co único deputado de Democracis Ourensana. A maioria absoluta do PP simplificaba os trámites. Os presidentes Rueda e Santalices podían axilizar os trámites para racharmos coa interinidade e termos goberno na primeira semana de abril. Malia esta realidade, xa o 19-M e nos días seguintes publicáronse novas en varios medios que prognosticaban o adiamento do debate de investidura pola voda do alcalde de Madrid o sábado 6-A, o que desaconsellaría fixar o acto de promesa do Presidente da Xunta nesta data, obrigando xa que logo, adiar a convocatoria do debate de investidura. Na altura non houbo desmentidos oficiais diante desas informacións.
Ao remate da rolda de consultas que o presidente do Parlamento desenvolveu cos representantes dos partidos con representación na Cámara Ana Pontón (BNG) denunciaba a subordinación da axenda dos intereses galegos por parte do Presidente en funcións ao preferir a asistencia á voda do alcalde madrileño (canda Núñez Feijóo, Aznar, Esperanza Aguirre e Díaz Ayuso). Moi axiña o voceiro parlamentario do PP desmentiu sta subodinación, mais velaí estaban as hemerotecas de hai quince días para ratificar a solvencia do xuizo de Pontón.
Rueda comezará deste xeito este seu mandato cun erro , que xurde dun nidio sinal de falla de responsabilidade institucional, malia que adquira máis importancia pola súa falla de habilidade política. Porque tiña moi a mán desmontar esta liña de crítica simplesmente suxeríndolle a Santalices un calendário non subordinado á voda de Almeida. E non o fixo porque dalgún xeito partilla-ou polo menos non é quen de reflectir que non o fai– a idea de que as troulas e “saraos” dos dirixentes do PP son máis importantes que a axenda do Lexislativo e do Executivo do país que preside. Semella que pensa que lle compre amosar máis respecto e consideración por Núñez Feijóo, Díaz Ayuso e Almeida ca polo Parlamento que elixiu a cidadania.
Por outra banda, o evento emitiu unha mensaxe de adhesión á liña “cayetana” do PP madrileño, coa grande icona incluída da implícita homenaxe que recibiu o Emérito, recebido como se fose unha “star system”, como si os Almeidas, Díaz Ayuso, Nuñez Feijoo e Aznares quixesen transmitir a mensaxe á cidadania de que compre reivindicar unha persoa que non paga os seus impostos no Estado, que ninguén sabe quen lle paga as súas viaxes privadas e que non foi xulgado por graves delictos simplesmente porque o Constitucional considerou que era xurídicamente irresponsábel ate o 18 de xuño de 2014.
Un erro no dimensionamento dun problema que de menor converteuse en moi considerábel. E que, dende logo, amosa que Rueda está ben máis pendente dos xefes en Madrid do PP que do prestixio ás Institucións galegas e máis o respecto á nosa cidadania.
Será, sem dúbida, cousa das súas prioridades.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



