A subdelegada mantivo un encontro coa alcaldesa de Burela, Carmela López, para facer unha valoración positiva sobre as actuacións financiadas polo Goberno co fin de incrementar os recursos e ferramentas das entidades locais na loita contra as distintas violencias sobre as mulleres
Lugo, 11 de abril de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, puxo en valor o traballo desenvolvido polo concello de Burela cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que alcanzaron os 13.800 euros na última convocatoria. Así llo trasladou á alcaldesa, Carmela López, coa que compartiu a necesidade de achegar axudas aos concellos para facer unha fronte común na loita contra as violencias machistas.
“A igualdade e a erradicación das violencias contra as mulleres son unha cuestión de Estado prioritaria para este Goberno”, asegurou a subdelegada, incidindo en que “debemos apoiar aos concellos como administración máis cercana á cidadanía para que podan desenvolver políticas públicas e campañas de concienciación e prevención”, engadindo que “Burela é un exemplo de compromiso á hora de despregar accións neste sentido”.
En concreto, este concello da Mariña puxo en marcha cos fondos do Pacto de Estado dous obradoiros para alumnado dos centros de ensino do municipio. O primeiro abrangueu a educación afectivo-sexual, traballando con rapaces e rapazas de 1º da ESO conceptos como o autocoñecemento, a identificación e expresión de emocións, o establecemento de límites, o sexo e o xénero, as relacións interpersoais, a empatía ou a comunicación. A segunda das formacións estivo dirixida a alumnado de 6º de primaria e 1º da ESO para tratar a violencia dixital, abordando o impacto das novas tecnoloxías no que atinxe ás agresións machistas e á violencia nas parellas mozas.
Ademais, os fondos permitiron que o concello de Burela contase con asistencia técnica para a mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, elaborando un protocolo de actuación entre os axentes que a compoñen. Nesta liña, tamén realizaron unha andaina solidaria contra a violencia cara as mulleres nun acto de concienciación aberto a público de todas as idades.
Xunta Local de Seguridade
A subdelegada do Goberno, a alcaldesa e as forzas e corpos de seguridade tamén analizaron na xunta local os datos de violencia de xénero na localidade. Comprobaron que existe un descenso dos casos, rexistrando unha cifra de denuncias no último ano de 15. Non obstante, en Burela figuran 27 casos activos na base de datos do Sistema de Seguimento Integral de Violencia de Xénero (VIOXEN).























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.


