Ribadeo, 15 de abril de 2024. O 18 de maio terá lugar a sétima edición dos Cantos de Taberna, que organiza o Concello de Ribadeo. No acto de presentación do evento participaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz.
A edil ribadense indicou que “seguramente moitos de vos recordaredes eses xuntanzas festivas dos anos 50 ou 60 nas que unha tasca, unha xarra de viños e un grupo de amigos eran máis que suficiente para poñer en marcha un improvisado concerto de cantigas populares. Probablemente moitas das pezas populares que hoxe se conservan xurdiron desa espontaneidade de antaño”.
Marta Saiz subliñou que “hoxe esta actividade converteuse nunha cita ineludible para os amantes da música e atrae a numerosos grupos de distintos puntos de Galicia e Asturias, creando un ambiente festivo nos diferentes locais de hostalería. Para as persoas interesadas, as bases atópanse publicadas na páxina web do Concello. Os integrantes de todos os grupos quedarán convidados a unha cea pincheo conxunta, que terá lugar ese día o 18 de maio, ao remate dos Cantos de Taberna”.
A concelleira de Turismo lembrou que “a inscrición nos Cantos de Taberna é gratuíta e realizarase a través de turismo@ribadeo.gal ou chamando ao seguinte número de teléfono 982 128 689. Os participantes deberán achegar a ficha de solicitude dispoñible en na sede electrónica da páxina web do Concello http://www.ribadeo.gal//. En canto os establecementos que desexen adherirse ao evento deberán poñerse en contacto coa oficina de turismo de Ribadeo a través do email turismo@ribadeo.gal ou o teléfono 982128 689. Neste caso o límite de prazo para recepcionar as inscricións será o 10 de maio”.
A participación no concurso este ano aumenta o número de grupos ata 15 e/ou un máximo de 150 persoas en total. Cada grupo percorrerá o itinerario que a organización lle marque, non podendo realizar actuacións noutros locais de hostalería que non lle fosen asignados.
O repertorio será de libre elección, preferentemente con temas populares e tradicionais, incluíndo algunha obra de arraigamento ribadense, que poderán variarse ao longo do percorrido. E cada grupo poderá achegar, xunto coas voces que serán obrigatorias, instrumentos musicais que os acompañen.
Marta Saiz engadiu: “xa sabedes apuntade a data e non dubidedes en achegarvos a Ribadeo a participar e a disfrutar desta xornada tan popular e tan festiva como son os Cantos de Taberna”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



