Este tributo, nacido en Tenerife e liderado por Patty Baker, percorre a traxectoria da raíña do rock&roll transmitindo a súa forza escénica arrolladora
Burela, 16 de abril de 2024. O Concello de Burela acollerá o vindeiro 4 de maio no Auditorio Municipal o espectáculo ‘I’m Tina: The Rock Show Experience’ en homenaxe á raíña do rock&roll, Tina Turner.
O evento terá lugar ás 21:00, con apertura de portas ás 20:30, e xa é posible adquirir entradas para o mesmo de xeito anticipado no seguinte enderezo web: https://cooltickets.es/events/i-m-tina-the-rock-show-experience-burela/sessions/04-05-2024-21-00-galicia
As entradas anticipadas teñen un prezo que oscila entre os 20€ no anfiteatro e os 24 euros no patio de butacas, cantidades ás que se lle suman os gastos de xestión.
Este espectáculo nace en Tenerife da man da directora artística canaria Patricia González, Patty Baker, unha profesional do mundo da canción e o espectáculo que non dubidou en producir e interpretar a Tina Turner, amosando “toda a súa forza escénica arrolladora”.
‘I’m Tina: The Rock Show Experience’ percorre a traxectoria de Tina Turner, quen se consolidou como auténtica raíña do rock & roll despois de romper todas as barreiras. É a artista individual que vendeu máis entradas na historia e conta con once premios Grammy e 200 millóns discos vendidos.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



