Dende o PP de Barreiros explican que “a paciencia de condutores e veciños está chegando ao límite” xa hai unha semana que os farois están apagados “diminuíndo a seguridade”
Barreiros, 13 de maio de 2024. “A seguridade viaria debe ser unha prioridade para todas as administracións, e tamén para o Concello de Barreiros”. Así de contundente se amosa o voceiro do PP de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, para denunciar que a iluminación da rotonda que conecta as estradas nacionais 634 e 642 leva apagada unha semana.
“Esta rotonda conecta dúas das estradas máis transitadas da Mariña. Ninguén pode entender que non teña iluminación”, criticou.
Por este punto circulan a diario miles de condutores xa que a N-642 e a N-634 son dúas das principais arterias da Mariña xa que ademais de unir esta comarca de Este a Oeste, a N-634 dá acceso a autovía A-8.
José Manuel Gómez Puente afirma que a paciencia de condutores e veciños está chegando “a un punto límite” xa que “falamos da seguridade da xente” un tema no que “ninguén debe dubidar nin un intre e poñer todos os medios para garantir a seguridade”.
Neste senso, o voceiro popular explica que “insistiremos ata a que se acenda de novo a luz neste punto e así dotar de máis seguridade esta conexión entre as dúas estradas nacionais”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



