A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas participou este sábado na gala benéfica que organizou o colectivo social para conmemorar esta data e á que asistiron máis de 200 persoas na Praza dos Campos de San Cibrao, en Cervo
Lugo, 18 de maio de 2024. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, participou este sábado na Gala XXV aniversario da asociación Saúde Mental A Mariña que se celebrou este sábado na Praza dos Campos de San Cibrao, en Cervo. Unha cita benéfica que organizou o colectivo social para conmemorar esta data e á que asistiron máis de 200 persoas.
López Moreno felicitou ao colectivo por estes 25 anos, valorando o traballo realizado e os avances acadados cos usuarios e usuarias, pero tamén coas familias, pois este colectivo, dixo, “puxo á Mariña e á provincia de Lugo á cabeza en número de prazas de residencias para persoas con problemas mentais”. Así mesmo, apuntou que “dende a Deputación cremos que é preciso dar máis visibilidade e concienciación social, romper o silencio para acabar co estigma que sofren moitas persoas que padecen enfermidades mentais”.
A Deputada quixo lembrar que dentro das súas competencias, a institución provincial mantén alianzas e colaboracións con entidades e asociacións coma esta para avanzar nestes obxectivos. De feito, destina de forma anual 15.000€ a esta asociación. Unha colaboración que enmarcou na “decidida aposta que temos polas políticas sociais, que son xa un sinal de identidade da Deputación de Lugo, e ás que lle dedicamos máis dun terzo do presuposto”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



