Música e tradición labrega foron os eixos condutores da viaxe programada como actividade de fin de curso
Barreiros, 21 de maio de 2024. O programa ActivaMente que desenvolve o Concello de Barreiros para persoas maiores de 65 anos realizou a súa viaxe anual na que visitaron Lugo e Láncara.
O alumnado, que viaxou acompañado da alcaldesa, Ana Ermida; o deputado e concelleiro barreirense, Dani Garcia; e outros membros do goberno municipal, coñeceu o Centro de Artesania e Deseño de Lugo e o Museo Vivo e Integrado do Campo e a Locomoción Agraria (MUVICLA).
Esta viaxe realízase como unha actividade máis da programación do curso que finaliza proximamente, paralelamente ao curso escolar, e constitúe unha actividade lúdica e educativa moi ben valorada polas persoas que toman parte da mesma.
A alcaldesa, Ana Ermida, tamén valorou “moi positivamente esta xornada de aprendizaxe e convivencia, na que se aproveita para coñecer ou lembrar aspectos da cultura e a idiosincrasia galegas e poñer en valor aspectos moitas veces descoñecidos ou minusvalorados das nosas tradicións culturais e sociais”.
Desde o Concello de Barreiros organizaron a viaxe en colaboración coa área de Rural da Deputación para ofrecer experiencias vinculadas ao territorio, á cultura e ás tradicións, especialmente agrarias.
Neste sentido, agradeceron a acollida dada tanto no Centrad como no Muvicla, nos que descubriron aspectos ou historias descoñecidas vinculadas a actividades ou elementos que están ou estiveron presentes nas vidas de moitas das persoas que participaron da actividade.
Montse Porteiro, concelleira de Educación, Igualdade e Saúde Pública, sinalou que “estas actividades, ao igual que os traballos que se desenvolven durante o curso, favorecen o autocoñecemento e a autoestima como pobo, ao tempo que potencian as habilidades e a sociabilización das persoas participantes”.
O curso, que finalizará a finais de xuño, está impartido pola educadora social do Concello, Vanesa Fernández, e promove a autosuficiencia e o mantemento da actividade intelectual das persoas maiores; centrándose en aspectos de posta en valor da cultura e as tradicións galegas.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



