Cervo, 27 de maio, 2024. O alumnado de 6º de Primaria do centro, acompañado por 2 mestras e 1 mestre, acudiron a semana pasada (do 20 ao 24 de maio) a un importante encontro no CEIP Doctor Juan Espino Sánchez da Villa de Ingenio (As Palmas de Gran Canaria), que acolleu tamén a alumnado e profesorado procedentes do CEP Antonio de Ulloa (Cartaxena) e do CEIP Arias Montano (Badaxoz). Este encontro era o último do programa “Agrupacións de Centros Educativos” denominado ‘Novos espazos de aprendizaxe para unha educación inclusiva’, subvencionado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. No caso do centro mariñán o Concello de Cervo tamén colaborou para que se puideran levar a cabo todas as mobilidades previstas. Os obxectivos principais do programa foron potenciar a inclusión educativa, crear vínculos entre centros de diferentes comunidades e o seu alumnado a través da realización de proxectos comúns, compartindo experiencias para aprender uns de outros e impulsar o intercambio e a mobilidade entre os centros.
O martes 21 de maio foron recibidas/os calurosamente por toda a comunidade educativa do CEIP Dr. Espino. O mércores 22 as delegacións foron recibidas oficialmente pola alcaldesa da Villa de Ingenio, Vanesa Martín, e outras autoridades locais. Trala recepción oficial, continuaron os obradoiros no centro, pechando a xornada cunha visita ás Palmas de Gran Canaria (Vegueta – Triana – Las Canteras). O xoves 23 a loita canaria foi a gran protagonista xa que os catro centros participaron pola mañá nunha animada sesión deportiva que lle encantou a todas as personas asistentes. Pola tarde visitaron a zona sur da illa. O venres 24 realizaron varios obradoiros de radio, xornal escolar e xadrez.
Este programa de Agrupacións Escolares desenvolveuse ao longo dos cursos 2022/23 e 2023/24 seguindo varias liñas de traballo: creación de novos espazos educativos (aula ou espazos do futuro), TIC e metodoloxías activas, educación inclusiva, dinamización de recreos (inclusivos), a biblioteca como núcleo vertebrador de proxectos, educación emocional, horta escolar, laboratorio e robótica. Incluiu durante este tempo actividades como intercambio de postais de Nadal ou de presentacións para dar a coñecer o máis destacado de cada localidade, un banco de sementes, dossiers sobre xogos tradicionais, programas de radio, xornal escolar, booktubers, técnicas audiovisuais con croma, actividades de programación e pensamiento computacional, entre moitas outras.
Sen dúbida, a mobilidade entre os centros foi o máis destacado e enriquecedor deste proxecto. En outubro de 2022 desenvolveuse o primeiro encontro de profesorado no centro de Cervo. En abril de 2023 Cartaxena convertíase en punto de encontro. Badaxoz foi a sede do encontro dos centros en marzo deste 2024, pechándose a experiencia agora en maio na Villa de Ingenio cun balance moi positivo tanto do profesorado como do alumnado.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.


