José Tomé Roca tomou parte este luns no encontro que agrupa aos representantes dos gobernos provinciais e insulares de toda España e no que se abordaron as principais liñas de actuación para os próximos anos deste organismo
Lugo, 27 de maio de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este luns, de xeito telemático, na primeira reunión de traballo da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos Insulares da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Logo da súa constitución, en febreiro deste ano, este organismo integrado por representantes de gobernos locais intermedios de toda España acordou durante a mañá de hoxe as diferentes liñas de actuación que guiarán á Comisión durante o período 2023-2027.
Baseada nas resolucións do XIII Pleno da FEMP, esta folla de ruta quedou definida “como un documento vivo, aberto, flexible e suxeito a cambios ao longo do mandato”. Entre as principais liñas de actuación acordadas está a de incrementar a visibilidade das Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos Insulares; apoiar e facer seguimento dos acordos da Xunta de Goberno da FEMP; seguir abordando o reto demográfico; continuar na loita contra a violencia de xénero; implementar a Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS); ou colaborar coa Fundación Democracia e Goberno Local.
No que ten que ver co reto demográfico, a comisión acordou seguir traballando para evitar a perda de poboación en zonas rurais e para asegurar os servizos básicos, en termos de equidade, en todas as localidades do país e intercambiar as boas prácticas e experiencias de éxito nos diferentes territorios. E sobre a violencia de xénero, este organismo aprobou analizar o papel e as potencialidades dos gobernos provinciais e insulares no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero e traballar por establecer un compromiso “firme” de todas as Deputacións de España contra esta lacra.
Respecto da Axenda 2030 e os ODS, a Comisión chegou ao acordo de impulsar a inclusión desta folla de ruta en todos os ámbitos da súa xestión pública e promover a adhesión dos seus integrantes na Rede de Entidades Locais para o seu desenvolvemento, como entidades multiplicadoras no ámbito rural dos contidos da Axenda.
A Comisión acordou tamén analizar o proxecto dos Presupostos Xerais do Estado cada ano, coa finalidade de poder elevar á Xunta de Goberno da FEMP as propostas de emendas que se consideren, tales como a recuperación do volume da financiamento da Cooperación Económica Local do Estado.
Nesta primeira reunión da Comisión de Deputacións da FEMP aprobouse ademais que a próxima reunión terá lugar en Sevilla, o vindeiro 1 de xullo.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



