O BNG defendeu unha proposta para traballar a favor dun acordo nacional pola lingua que reverta a perda de falantes da última década, que o PP votou en contra
Lugo, 28 de maio de 2024. A deputada Iria Castro, responsable de Cultura no goberno provincial, sinalou ao Partido Popular como o “partido do non ao galego”, despois de que o grupo popular votase no pleno deste martes en contra dunha proposta para traballar a favor dun acordo nacional polo futuro da lingua galega, que reverta a tendencia de perda de falante que se ven dando de forma moi acusada na última década.
A deputada nacionalista destacou a contradición do Partido Popular “cun conselleiro (José López Campos) que ofrece un pacto pola lingua, mentras neste pleno votan en contra dunha proposta que formula un acordo por un futuro mellor para a lingua” e sostivo que “ coa súa votación hoxe demostran que seguen a ser o partido do non á lingua, que se puxo detrás das pancartas contra o galego, que rompeu todos os consensos sobre a lingua, que incumpre a lei sobre normalización lingüística, que desoe as sentenzas do TSXG sobre o decreto do plurilinguismo, que recorta fondos para políticas de normalización ou que se opón ao uso do galego no Congreso dos Deputados”.
Iria Castro puxo en valor a capacidade e relevancia económica e social da creación musical, audiovisual e editorial en galego “a pesar das trabas que o goberno do Partido Popular na Xunta de Galiza pon á creación en galego”, poñendo como exemplo o recorte do 60% nos recursos para fomentar a dobraxe ao galego, e incidiu na necesidade de medidas que “palien a sangría de falantes, sobre todo entre as xeracións máis novas”.
A proposta, aprobada no Pleno polo goberno provincial pese ao voto en contra do PP, insta á Xunta de Galiza a elaborar unha nova Lei de Normalización Lingüística, que actualice e adapte á realidade da sociedade galega actual o texto de referencia para anormalización social do galego e a elaborar un novo decreato para os usos linguísticos no ensino.
Tamén demanda recuperar os niveis de investimento en políticas linguisticas, potenciando o investimento en contidos dixitais de calidade, en galego, dirixidos á mocidade e crear dunha rede verdadeiramente estruturada e coordinada de servizos de normalización lingüística de carácter territorial.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



