Realizará estes investimentos no entorno do Souto e das pistas deportivas, onde existen importantes equipamentos públicos e un fluxo de poboación elevado
Barreiros, 31 de maio de 2024. O Concello de Barreiros ten aberta a licitación para a adquisición e colocación de sete cubrecontenedores que serán colocados para embelecer a zona do entorno do Souto. As pezas, fabricadas en aceiro inoxidable lacado colocaranse na propia praza do Souto, na que se realizarán tamén outras labores de mantemento e adecentamento, Entrerríos, Nogueiredo, Os Martices e Áspera.
A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata dun investimento co que se pretende “embelecer unha zona emblemática da parroquia de San Miguel, un casco histórico a efectos prácticos, que conta cun valor patrimonial en canto a edificacións e social polos usos que fai a poboación que merece intervencións especiais”.
A zona elixida responde a criterios de usos e necesidade de poboación, xa que nela se atopan importantes equipamentos, como prazas, parques infantís, pistas deportivas e mesmo o Colexio público. Ana Ermida amosa a súa satisfacción por “ir dando pasos en construír dos nosos núcleos espazos máis coidados e nos que a xente se atope cómoda para desenvolver actividades ao aire libre.” Resalta a rexedora a “necesidade de pór en valor a praza do Souto, epicentro da parroquia, e practicamente o único centro urbano histórico tanto patrimonial como socialmente existente no municipio”.
O concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, explicou que levan tempo traballando no adecentamento e mellora desas zonas e que a previsión é ir realizando pequenas accións que vaian encamiñadas a unha posta en valor das mesmas. Nese sentido anunciou que “finalmente obtívose cun importante esforzo e dedicación a autorización de Augas de Galicia para a limpeza do tramo urbano do Río Forcón, que discorre por esa zona e que, en canto sexa tecnicamente posible procederase a actuar sobre o mesmo.”
A rexedora barreirense sinala que “cos traballos que se irán realizando ao largo dos vindeiros meses, agardamos que a zona obteña unha mellora importante na súa imaxe e que sexa un primeiro paso para seguir implementando actuacións de posta en valor” .
A adquisición dos cubrecontenedores, que supón un investimento de 25.000€, vai acompañada da compra de composteiros e colectores de papel, envases e fracción resto, por importe de 28.000€, cos que se pretende a mellora da recollida selectiva en todo o Concello. O total do investimento previsto para estas accións ascende a 53.000€ que se financia mediante un Convenio subscrito entre o Concello de Barreiros e a área de Rural da Deputación de Lugo.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



