Considera unha neglixencia os retrasos xa que, no 1º trimestre de 2024, Galiza foi a comunidade con maior número afogamentos de todo o Estado
Santiago de Compostela, 31 de maio 2024. O portavoz de Presidencia, Iago Tabarés denuncia os retrasos nas convocatorias de axudas aos concellos para a contratación de persoal do servizo de vixilancia, rescate e salvamento para as praias e piscinas públicas de Galiza. Considera esta demora “unha neglixencia intolerable” por parte do Goberno do PP, tendo en conta que “só no primeiro trimestre deste ano 2024 xa morreron 15 persoas afogadas, o maior número rexistrado en todo o Estado” nestes tipo de espazos acuáticos.
A convocatoria de axudas publicouse este venres no Diario Oficial de Galiza (DOG), o que, segundo Tabarés, chega tarde e “causará prexuízos aos concellos”, tendo en conta que hai un mes para presentar as convocatorias polo que “ata mediados de xullo non coñecerán o orzamento do que dispoñen para a contratación do persoal necesario”.
Tabarés lamentou que os datos de afogamentos nestes 1º trimestre de 2024 superasen aos de 2023, no que ao final do exercicio morreron por esta causa 46 persoas, “un 18% máis ca en anos anteriores”. Subliñou que “estes sucesos se producen en espazos acuáticos que carecen de vixilancia e de rescate”.
Por estes motivo, o BNG reclama ao Executivo de Alfonso Rueda que “axilice a xestión destas achegas” e advirte que “a neglixencia da Xunta do PP pode provocar que moitos concellos teñan dificultades para abrir as súas piscinas salvo que recorran a persoal privado, o que suporá un gasto moito máis elevado” para estes concellos xa de por si “infrafinanciados”.



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



