Foz, 13 de xuño de 2024.- Foz acollerá o sábado – 15 de xuño- a 62ª edición da proba de piragüismo Travesía de Foz, organizada polo club Kayak de Foz. O deputado de Mocidade Daniel García participou esta tarde na presentación da competición, que segue sumando edicións como unha das máis veteranas do calendario estatal.
A proba, que puntúa para a Liga Galega, contará este ano coa participación de 216 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e veterano, masculina e feminina, de 20 clubs de Galiza, na grande maioría, pero tamén de Asturias e Madrid. O Club Ría de Betanzos, con 32 palistas e 21 embarcacións, e o Club Náutico de Cobres, con 25 palistas e 19 embarcacións son os que contarán con maior representación na competición, na que tamén tomarán parte os anfitrións, o Club Fluvial de Lugo, o Cidade de Lugo, o Altruan de Ribadeo e o Viveiro Urban Hotel.
Daniel García parabenizou ao Club Kayak “pola organización dunha nova edición desta cita histórica que demostra a tradición dos deportes de auga na Mariña e en Lugo” e valorou “a contribución destas probas á promoción do deporte, a valorización do noso entorno natural, e ao dinamismo social das localidades que as acollen”
A área de Deportes achega 7000 euros á celebración da proba, reforzando o apoio aos clubs de piraguismo da provincia con axudas directas para a actividade competitiva e coa organización da Copa Deputación de Piraguismo.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



