Neste encontro, a institución provincial renovou a colaboración mediante o cal a institución provincial realiza unha achega económica de 12.000 euros para contribuír ao desenvolvemento obradoiros de prevención
Lugo, 20 de xuño de 2024. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, visitou este xoves a sede de AFA Viveiro (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias) para coñecer, de primeira man, a atención profesional que reciben os case 50 usuarios que atenden na comarca mariñá. Neste encontro, no que tamén participaron o presidente da Asociación, José Amador Fernández Pérez, a coordinadora do Centro, Ana Solloso, así como outros membros da xunta directiva, renovouse o compromiso da institución provincial con esta entidade, á que destina unha achega económica de 12.000 euros.
López Moreno aproveitou este encontro para coñecer as obras que está realizando a asociación e que lles permitirá centralizar todos os servizos que prestan nun mesmo lugar. Ademais, a Deputada puxo en valor o traballo que desenvolve este colectivo que “leva case 20 anos mellorando a calidade de vida dos seus usuarios, e por suposto, das súas familias”.
Nesta liña, Carmela López destacou a colaboración que mantén a institución provincial con AFA Viveiro “para desenvolver unha serie de obradoiros de prevención dirixidos a persoas sas ou que presentan un deterioro cognitivo leve. Grazas a esta achega, a entidade atende a 15 usuarios no concello de Viveiro e 13 no Vicedo que participan nestas actividades”.
As actuacións que se enmarcan nesta convenio van dirixidas a manter a capacidade funcional e preservar a autonomía das persoas que presentan unha perda de memoria asociada á idade. Neste senso, os participantes realizan diversos exercicios prácticos, como cálculos mentais, narracións ou actividades de fluidez verbal, entre outros, co fin de que poidan aplicalos no seu día a día e manter o maior tempo posible a súa independencia e validez.
AFA VIVEIRO
A Asociación de Familiares de persoas con Alzhéimer e outras Demencias de Viveiro nace no 2005 co fin de mellorar a calidade de vida das persoas que padecen esta enfermidade, así como outras demencias neurodexenerativas. A estimulación terapéutica, o programa de estimulación no fogar, a atención psicolóxica ou o asesoramento e a orientación ás familias, son algúns dos servizos que ofrece.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



