Foz, 2 de xullo de 2024. O Concello de Foz e a comisión O Noso Foz presentan o cartel das festas do Carme e máis actividades para este mes de xullo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “en Foz arrancou o verán e como ven sendo tradición as festas do Carme están á volta da esquina. Este ano a temporada estival estará chea de actividades en Foz: música, teatro, danza, literatura, exposicións, homenaxes, actividades para os máis pequenos, etcétera, que encherán os parques, rúas, prazas e edificios”.
Inés López especifica que “esta primeira semana de xullo comeza con múltiples actividades, que serven como antesala á semana grande da patroa. O venres 5 darán comezo os concertos de Sons na Rúa, que poñerán música todos os venres dos meses de verán. Nesta ocasión será o turno da aula de música moderna da Escola de Música, que tocará no paseo da Rapadoira ás nove da noite. Ese mesmo venres no CENIMA inaugurarase a exposición retrospectiva da obra de Chus Lage (coñecida escultora da Mariña) a partir das 19.30 horas. O sábado 6 terá lugar a homenaxe a Olimpia Pérez (coñecida en Foz por Olimpita), unha veciña cunha historia digna de contar; haberá charla e exposición, será tamén no CENIMA a partir das 19.30 horas. Os días 5 e 6 a partir das 19.00 horas e ata a 1.00 horas na praza conde de Fontao estará a actividade Interactive super grid, que é para nenos e maiores e consiste nun taboleiro de luces led no que terás que intentar pisar só onde o xogo che indique. Esta actividade é unha novidade e estamos moi contentos de estreala en Foz”.
O concelleiro de Festas, Ángel Fernández Neira, engade que “xa a semana seguinte comeza o forte das festas do Carme. O venres 12 o Sons na Rúa será na praza Conde de Fontao, coa actuación de Mar Aberto a partir das 21 horas. O sábado 13 a partir das 19.30 horas a Sala Bahía acollerá a presentación dos libros de Antón Niñe e Xoán R. Fernández Pacios, unhas edicións moi especiais para o Concello de Foz. E ese mesmo día a partir das 22.30 horas o Festival A Nosa Fala acollerá na Praza Rosalía de Castro (Campo da Cabana) a actuación de Mallou e Habelas Hainas. O domingo 14 de xullo a partir das 20.30 horas na igrexa parroquial de Foz será o pregón das festas, este ano ofrecido por Salustiano Alonso Escalera. Ese mesmo día comezará a verbena, a cargo do grupo La Bamba, na explanada portuaria. O luns día 15, o día das alfombras, a sesión vermú estará amenizada pola orquestra Escaparate e pola noite será o turno de Kubo xunto con Escaparate. Esa noite Foz estará cheo de vida coa creación das alfombras florais; todo aquel que queira colaborar os días previos na obtención dos materiais e o mesmo día poderá poñerse en contacto cos equipos das rúas no teléfono 982.140.027 extensión 3. Esperamos que a xente se anime a colaborar na realización das alfombras florais que fan aínda máis especial a festa do Carme de Foz”.
O día grande será o martes 16 coa misa cantada por Mar Aberto ás 12 da mañá e despois a procesión. A sesión vermú estará amenizada polo grupo D’Cano e a verbena por D’Cano e a orquestra Los Satélites. O día 17, como colofón, haberá festa infantil gratuíta e chegará a Foz o festival de danza Abanea (no paseo da Rapadoira). “Queremos que @s nen@s teñan unha xornada de peche das festas dedicada a eles”, comenta Fátima Novo, presidenta de O Noso Foz.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que “as Festas do Carme son as que teñen un maior sentimento en Foz e son para nós moi importantes, por iso mimamos os detalles de todo o que facemos”.
O alcalde, concelleiros e a presidenta da comisión de festas agradecen a Francisco Lestegás a cesión da fotografía que ilustra o cartel e desexan a veciños e visitantes “unhas boas Festas do Carme”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



