A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e o delegado territorial da Xunta en Lugo visitan o albergue Area con 100 rapaces por quenda
Viveiro, 3 de xullo de 2024. A Xunta de Galicia ofrece este verán 1.800 prazas para nenos e nenas de 9 a 17 anos nos campamentos da provincia de Lugo. Así o explicou hoxe a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, nunha visita co delegado territorial da Xunta, Javier Arias, ao albergue Area, en Viveiro, que conta con 100 rapaces por quenda, entre eles 20 procedentes do País Vasco grazas aos programas de intercambio.
Nesta visita, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou o compromiso da Xunta de Galicia coa mocidade galega. “Contamos cunha programación de calidade que é xa un referente en todo o estado e que ofrece posibilidades de ocio en todas provincias”, engadiu.
Neste senso, indicou que a oferta da provincia de Lugo forma parte da campaña que, baixo o lema O teu mellor verán, inclúe un total de 7.611 prazas nesta modalidade en toda a Comunidade. Trátase dunha cifra que, tal e como lembrou Lara Meneses, está incluída na programación estival da Xunta, a maior convocatoria da súa historia, con 11.533 prazas.
Tras esta visita, a directora xeral de Xuventude aproveitou a ocasión para participar, xunto con 20 mozos e mozas, nunha actividade iniciación ao surf organizada polo Espazo Xove de Viveiro na praia de Esteiro de Bares do concello de Mañón.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



