A cita, que conta colaboración do Concello, dará comezo o venres 2 de agosto, a partir das 20:00 horas, coas actuacións do Grupo Folklórico “Naz” (Kazajistan), a Compañía Nacional de México (da mestra Mari Nieves Panyagua), Grupos Coros y Danzas San Antón de la Peña La Zaranda (Murcia), e o Grupo Folklórico Mistura, que como anfitrión será o encargado de poñer o broche de ouro
Cervo, 12 de xullo de 2024. O Concello de Cervo arrincará o mes de agosto co Festival Folklórico Internacional e Infantil que se celebrará en San Cibrao, na Praza dos Campos o 2 e o 3 de agosto, da man do Grupo Folklórico Mistura, coa colaboración da Administración local.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro, Alfredo Fernández, presentaron a cita acompañados de varios compoñentes de Mistura.
Así, o venres 2 de agosto, terá lugar o Festival Internacional que arrincará ás 20:00 horas coa participación do Grupo Folklórico “Naz” (Kazajistan), a Compañía Nacional de México (da mestra Mari Nieves Panyagua), Grupos Coros y Danzas San Antón de la Peña La Zaranda (Murcia) e rematará coa actuación do anfitrión, o Grupo Folklórico Mistura.
Xa o sábado, 3 de agosto, será a quenda dos máis pequenos/as; a partir das 19:00h actuarán o Grupo Abrente de Bágoas da Terra (Viveiro), a Asociación Cultural Saíñas (Xove) e rematará a sección infantil do Grupo Organizador, Mistura.
O venres sortearanse dás cestas ao remate do festiva, e o sábado haberá un sorteo de 500 euros.
A alcaldesa, quixo “felicitar ao Grupo Folklórico Mistura polo traballo que están a facer a prol da Cultura Galega, achegando, ademais o noso Folklore ás novas xeracións, velando así pola súa conservación como ben patrimonial que é”.
Caramés animou a veciños e visitantes a que participen nesta actividade e asistan a ver un espectáculo “que é un intercambio cultural único que nos ofrece a oportunidade de ver en directo o talento de diferentes agrupacións de aquí e de fóra, aos que animamos a desfrutar do noso municipio e de todo canto Cervo pode ofrecer”.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



