O Presidente José Tomé asinou co máximo representante da entidade un convenio de colaboración para axudar a financiar a divulgación da pesca na Mariña e apoiar o funcionamento da organización
Lugo, 17 de xullo de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, José Basilio Otero Rodríguez, asinaron un convenio de colaboración a través do que a institución provincial achega á entidade 24.000€ para colaborar co funcionamento interno da Federación e cunha campaña de divulgación sobre a pesca na Mariña.
Este acordo, que foi asinado na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos, ten por obxectivo primordial a promoción das tradicións mariñeiras e a concienciación social sobre os diferentes tipos de buques pesqueiros que operan na zona, incluíndo os de pesca artesanal, litoral, altura e gran altura. A campaña incluirá diversos materiais informativos e divulgativos, como carteis, pezas audiovisuais e folletos, que explicarán as partes principais dos buques e os seus nomes mariñeiros tradicionais. Ademais, seguiranse a realizar as visitas ao porto con institutos da comarca e de toda a provincia, que están a ter unha grande acollida para achegar as novas xeracións o importante labor pesqueiro.
José Tomé Roca destacou que esta achega é unha mostra do forte compromiso da Deputación de Lugo co sector pesqueiro, subliñando “a súa relevancia histórica, cultural e económica para a Mariña, así como o seu impacto cultural, e o volume económico e emprego que xera”.
Así mesmo, o Presidente valorou o traballo que leva a cabo a Federación porque “é fundamental para que tanto as embarcacións de altura, de gran altura, litoral e baixura poidan realizar o seu traballo traendo a porto un produto de máxima calidade e identidade na nosa provincia”.
A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo engloba ás confrarías de Ribadeo, Foz, Burela, San Cibrao, Celeiro e O Vicedo, as seis que actualmente se atopan na provincia.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



