A formación, impartida pola Casa do Mel de Goente, é gratuíta e desenvolverase os días 20, 21, 27 e 28 de xullo
Muras, 17 de xullo de 2024. A área de Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa un curso de iniciación á apicultura en Muras. A Casa do Médico acollerá a parte teórica desta formación para persoas que queiran adentrarse na actividade, gratuíta, que contará tamén cunha parte práctica, en Carelle, e que se desenvolverá os días 20, 21, 27 e 28 de xullo en horario de 9 a 14 horas. As persoas interesadas en asistir poden anotarse no enderezo electrónico casadomel@vodafone.es ou no teléfono 661.003.616.
Durante as xornadas abordaranse cuestións básica sobre a bioloxía do enxame, a saúde das abellas ou a colleita e comercialización de mel e outros produtos derivados. Estes coñecementos poderán complementarse cun segundo curso, en agosto, centrado na cría de raíñas de abella autóctona.
O deputado Daniel García sinalou que esta actividade, que conta coa colaboración da Casa do Mel de Goente e do Concello de Muras, “está enmarcada dentro dun programa que ofrece formación en diferentes aspectos de interese para apicultoras e apicultores, desde a mellora do rendemento das producións melíferas ata fórmulas de manexo para protexer as abellas autóctonas da velutina”.
O alcalde de Muras Manuel Requeijo sinalou que “este programa da área de Rural complementa e reforza o apoio a esta actividade, que impulsamos desde o goberno municipal con outras iniciativas como a feira do mel de montaña que pon en valor a calidade de mel das producións locais e contribúe a ampliar as canles de comercializacion”
O programa comezou no mes de xuño e xa pasou por Vilalba, O Valadouro, Xove e Pantón. As vindeiras semanas achegarase tamén a Mondoñedo, Cervo ou Barreiros.
Muras
Cría de raíñas con abella autóctona. 3,4,13,15 e 16 de agosto (9 a 14 horas). Local Municipal de Carelle
Cervo
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 14 e 15 de setembro (de 9 a 14 horas). Museo do Mar de San Cibrao
Mondoñedo
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 23 e 24 de setembro (de 9 a 14 horas). IES San Rosendo
O programa formativo complementa outras accións desenvolvidas pola área de Rural neste eido como o ciclo de xornadas técnicas sobre a velutina, que se desenvolveron en Barreiros, Lugo, Samos e Carballedo, divulgando contidos orientados a paliar a proliferación desta especie invasora, que está afectando á produción de melífera e froitera e á biodiversidade coa colaboración da Asociación Galega de Apicultura




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



