A bolsa de emprego, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, está conformada por 2 oficiais e 5 peóns de xardinería
Vilalba, 24 de xullo de 2024. Os sete traballadores que superaron as probas selectivas da bolsa de emprego convocada polo Concello de Vilalba nas pasadas semanas veñen de incorporarse aos seus postos de traballo, vencellados á xardinería.
En concreto o cadro de persoal está conformado por 2 oficiais e 5 peóns de xardinería que centrarán as súas actuacións no mantemento da área recreativa da Madalena e do paseo fluvial, onde xa se atopan traballando dende comezos da presente semana.
Dita contratación, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, súmase á inversión do Concello de Vilalba en nova maquinaria para que o persoal de xardinería dispoña das ferramentas necesarias para acometer as súas actuacións.
Así pois, tamén con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, o Concello vén de adquirir dúas motoserras profesionais, unha motoserra de man, unha motoserra telescópica, un cortasetos de man, un cortasetos telescópico, catro desbrozadoras profesionais de man, dúas motoserras profesionais dunha sola man, un corta céspede e un soprador accionado a gasolina.
Unha inversión total de 193.342,76 euros para “manter os nosos espazos verdes coidados, preservando e poñendo en valor o patrimonio natural do noso municipio”, explicou a rexedora, Marta Rouco.
Ademais, a alcaldesa, que se achegou co concelleiro Luis Fernández a saudar aos novos traballadores, salientou a importancia de “manter un espazo tan valioso como o noso paseo fluvial nas mellores condicións posibles, especialmente no verán, cando temos máis oportunidades e tempo para gozar del”.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



